Viveiro, 22 de outubro de 2021. O grupo municipal do PP considera que o Concello de Viveiro debe incorporarse a todas aquelas iniciativas e plataformas que redunden na difusión do municipio e que o acrediten como un territorio atractivo para o turismo e o asentamento de empresas. Nesta liña, os concelleiros populares defenderán unha moción na próxima sesión plenaria para que o pleno aprobe a adhesión ao distintivo Concello Emprendedor. No caso de que, como esperan, esta iniciativa sexa aprobada, queren que o Concello inicie canto antes a tramitación de dita adhesión antes de que remate o ano en curso, e que, nun prazo non superior a 10 meses, o goberno local informe en comisión sobre o estado dos trámites.
A concelleira Teresa Pérez Rodríguez, que asina esta iniciativa, sinala: “A Xunta de Galicia e a FEGAMP estableceron no 2017 un convenio de colaboración para a creación dos Concellos Emprendedores, que son os que optan pola captación de investimentos, nas axudas destinadas ao fomento do emprego, da industria, ao comercio e ao emprendemento”. Di tamén: “Para iso, teñen que implantar medidas que os fagan atractivos para a consolidación de empresas como: incentivos fiscais, facilidade para acceder ao chan empresarial e unha tramitación administrativa máis sinxela”. En síntese, as empresas ou persoas que queiran investir teñen asegurado que as licenzas de obra serán expedidas en menos de 30 días e non terán que pagar taxas por elas, poderán adquirir chan industrial municipal de maneira bonificada ou mediante alugueiro; terán bonificacións de ata o 95% no Imposto de Bens Inmobles, no de Actividades Económicas e sobre o de Construcións, instalacións e obras”.
Os populares lembran que os concellos emprendedores teñen prioridade nas axudas da Xunta dirixidas a fomentar a creación de emprego, a industria, o comercio e o emprendemento. Igualmente teñen preferencia nas axudas destinadas a mellorar os equipamentos dos parques empresariais, na creación de viveiros industriais para os emprendedores; no ámbito do comercio, teñen acceso prioritario á liña de Mercados Excelentes, que permite financiar melloras nas prazas de abastos. E, no campo do emprendemento, a Xunta favorece a estes concellos no acceso ás subvencións para crear espazos activos de emprendemento comercial no rural.
No PP entenden que o asentamento de novas empresas e negocios é vital para a creación de emprego e, como consecuencia, para o incremento do número de habitantes. Os concelleiros populares non entenden por que ata agora o equipo de goberno non se acolleu á adhesión a este programa.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que no actual contexto de risco de desmantelamento do tecido industrial de A Mariña resulta especialmente relevante que o Concello se sitúe nas mellores condicións para atraer empresas. Indica que na actualidade hai 147 concellos acollidos a esta declaración. Na comarca xa adoptaron esta iniciativa os de Barreiros, Cervo, Lorenzana, Mondoñedo, Vicedo e Xove.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



