Viveiro, 27 de outubro de 2021. O goberno provincial recoñeceu na máis recente sesión plenaria da Deputación a súa incapacidade para manter en bo estado o conxunto da rede de estradas da que é titular. O deficiente estado de moitas destas vías crea situacións de perigo aos seus usuarios, especialmente a aqueles que teñen que usalas con frecuencia. En Viveiro, a LU-P 6502 (de Vilalba por A Balsa a Chavín) ten, entre outros, un punto moi perigoso, que é a súa intersección coa pista de Morgade, no quilómetro 47, en Os Muíños. O grupo municipal do PP intenta que o goberno local faga as xestións necesarias para corrixir a actual situación.
Os populares de Viveiro, que teñen por portavoz a Óscar Rodríguez, presentarán unha proposta ao goberno local, presidido pola socialista María Loureiro (integrante do grupo de goberno da Deputación) para que se dirixa ao goberno provincial co fin de que adopte as medidas oportunas para eliminar a situación de risco na intersección das dúas vías. Os populares explican que a pista de Morgade desemboca na LU-P 6502 nunha curva moi pronunciada. A maleza que medra nas beiras dificulta a visibilidade do tráfico, especialmente aos vehículos que pola vía provincial circulan desde Viveiro e pretenden incorporarse á pista de Morgade.
Os concelleiros populares din que é preciso cortar a maleza e que, por tratarse dunha vía provincial, esta tarefa parece corresponderlle á Deputación. Se non fora así, debido a que hai un regato, e puidera ser outro organismo o responsable de limpar as beiras, a Deputación debería de poñerse en contacto con el para que leve a cabo os traballos necesarios.
No PP din que sería lamentable que por non cortar a maleza acabara producíndose un accidente.
Con esta iniciativa, os concelleiros populares de Viveiro dan resposta ás demandas dos veciños máis directamente afectados, que se queixan da falta de seguridade vial nese punto da citada estrada provincial.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



