Ocórreseme preguntar, quen manda na administración do SERGAS? Consulto en Google, e vexo que o conselleiro de sanidade e un tipo chamado Julio García Comesaña, nado en 1968, 53 anos, con un curriculum cheo de títulos de ciencias e especialidades médicas dignas de encomio, que practicou nos hospitais, Povisa e Meixoeiro de Vigo e no Vall d’Ebrón de Barcelona. Incluso, entre outros moitos títulos, atópase un Máster en Administración Sanitaria dado pola Escola Nacional de Sanidade. Ou sexa, un tipo que a nivel teórico práctico é unha autoridade na materia, polo que parece que non se puido escoller mellor individuo para desempeñar tal cargo de Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.
O caso é que o día 15, venres, deste mes de outubro, fun sacar a medicación de miña nai á farmacia, e non saía ningunha medicina porque os fármacos asociados á Tarxeta de Sanidade estaban desactivados. Como non é a primeira vez que isto nos ocorre coas tarxetas a calquera de nós, fun ó Centro de Saúde de Ribadeo, onde me dixeron que non podían activarme a tarxeta porque faltaba o médico de cabeceira de miña nai e había que pedir consulta.
Pois ben, pido consulta para o luns día 18, pero dinme que a cuestión é que o médico que substitúe á médica de cabeceira non ten autorización para activar a tarxeta, e que temos que esperar ao día dous de novembro, fecha na que se incorporará ó traballo a médico titular.
Digo que non podemos esperar tanto, máis de 15 días, pois a medicación que está pautada para esta señora de 95 anos vaise acabar moito antes de dita fecha e que é necesaria seguir subministrándolla diariamente como está no seu protocolo médico. A contestación da celadora foi que mirara de que a farmacia nos adiantara a medicación, pola confianza que (se supón) temos os pacientes cos profesionais das farmacias, pois ela non pode facer absolutamente nada pois ten que cinguirse ás ordenes establecidas polo SERGAS.
Voume cara á farmacia e pago unha primeira medicina que esgotáramos, pero chegado ó final de outras dúas, a farmacéutica atópase que non mas pode dar pois o estar a tarxeta desactivada, non consta a receita e polo tanto entraría a Farmacia nunha grave irregularidade por dar tales medicinas que son de obrigado cumprimento ser dispensadas con receita médica. Desde aquí darlle as máis expresivas grazas pola molestia que se tomou en facer un montón de chamadas que tivo que realizar para que ó fin puideran darmas. Aquí, por tanto, vemos que hai un grave proceder na Des-Administración Sanitaria Galega e cuxas competencias son só e exclusivamente da Xunta de Galicia gobernada pola maioría absoluta do PP.
Primeiro. A “norma” foi desactivar os fármacos das tarxetas sanitarias polo arte de birlibirloque nas datas ou nos tempos establecidos pola burocracia da Des-Administración Sanitaia de Galiza, unha verdadeira aberración, pois a “norma” non ten o criterio médico que debera de ter, xa que as tarxetas desactívanse cando lle dá a gana ó burócrata de turno, sen seguir o criterio médico-sanitario dos tempos de tratamento pautados polo médico ou polo especialista que receitou o medicamento.
Segundo. A norma primixenia de volver activar a tarxeta era un atranco pois estiveras onde estiveras, obrigábate a ir ó teu Centro de Saúde, pero aínda resultaba fácil, pois o celador que te atendía no mesmo mostrador, á vista da tarxeta xa cha volvía activar de inmediato. Aquela norma parecía comprensible pois estábase a establecer un novo sistema informático “revolucionario” que ía abaratar costes de papel, e ía aforrar en medicinas o SERGAS pois quedarían os tempos das medicacións pautadas matematicamente atendendo ó número de doses que traen os produtos e ós días necesarios para o total pautado, e supoñemos que había que ir revisando “os pasos”.
Despois veu unha segunda norma, na que o celador quedou desautorizado para activar a tarxeta, pois non podía entrar co seu “permiso” no software do Sistema Administrativo do SERGAS, e había que chamar á médica/o para que desde o seu propio ordenador do despacho puidera activala.
A continuación veu a “norma” de ter que pedir consulta ao médico para ir activar a tarxeta ó seu despacho de consulta, e incluso un médico que substituíra o titular podía activar a tarxeta. Pero agora, na última “volta de tuerca” nin o médico de substitución pode activar a dichosa tarxeta??.
E pregunto eu, vostedes, concelleiros e presidencia da Xunta de Galicia a que coño se dedican a parte de non facer nada pola cidadanía galega? Como é posible que sigan a poñer trabas a todo o que é publico e que estaba funcionando de puta madre antes de que todos vostedes chegaran o poder?
Claro, volvo mirar o curriculum do conselleiro de Sanidade do SERGAS e vexo que onde prestou servizo este tipo, é no POVISA, un hospital privado con concerto co SERGAS, o cal presta atención á moita poboación da súa área sanitaria, e o erario do SERGAS, págalle un pastón.
Un segundo hospital o MEIXOEIRO, é público, pero alí naceu o MEDTEC, agora o GALARIA, unha empresa de capital público (A Xunta) pero sometida ao dereito privado, ou sexa, préstalle servizos o SERGAS, pagando claro!, na área de radioloxía, medicina nuclear (radioterapia), resonancias…
O Vall d’Hebron é un Hospital Xeral de Cataluña, que seguramente ten prácticas parecidas de participación co sistema público catalán. Polo tanto, segundo eu vexo a este conselleiro, non é máis que un empregado do privado con un alto cargo na Xunta de Galicia, para ir DES-administrando o SERGAS e converter en semi-privado ou privado de todo o Sistema Público de Sanidade de Galicia.
Eu, un operado de cancro no Hospital da Mariña, son unha proba evidente do bo funcionamento e excelente calidade que tiñamos no sistema de Saúde Pública da Mariña e que lentamente este tipo de Des-Administración está desgraciándoo con este tipo de individuos postos a posta en tódolos sectores. Por qué están a facer isto? Como é posible que acaben de botar á rúa a nada menos que a 12 000 sanitarios, e que para a poboación de Ribadeo de sete médicos que ten contratados, só estean operativos tres?
Cómo poden seguir mantendo “a jeta” tantos amiguetes sen caerlles a cara de vergoña, desengranando o sistema para que non funcione pase definitivamente a mans privadas?. Cómo é posible que teñan tantos acólitos que os aplaudan e lles fagan gañar eleccións? Temos unha cidadanía que só protesta nas tabernas e así nos luce o pelo. En vez de defender o noso, emigramos para seguir mandando cartos para bancos que hai que rescatar as primeiras de cambio por estar dirixidos por desvergoñados. E a historia de Galiza continúa en precario, por non desmontarlles os chiringuitos a estes representantes que ten a Xunta na Península Ibérica, e así, estamos volvendo a aquela miseria do século XVII ao XIX onde Galiza non tíña nin voz nin voto nas “Cortes de Castela” que incluso tiveron a desvergoña de quitar o brasón do Reino de Galiza do “escudo de armas de España”.
Non haberá remedio para Galiza, mentres non pelexemos máis os cidadáns polo noso tren, as nosas autopistas, a nosa Sanidade, a nosa Educación, etc. Vostedes os concelleiros da Xunta da Galiza teñen a obriga de manter nas mellores condicións as administracións, para iso lles pagamos, e temos que denunciar todas estas trapalladas des-administrativas. Son uns descarados!!

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



