Podo entender o desencanto coa política que experimentan moitas persoas. Hoxe vivimos nun mundo de instagramers, de tik-tokers, de twitter e de inmediateces. Nun mundo mediático, de vídeos efectistas e algunhas veces efectivos. Non importa o que digas, importa como o digas: a mentira non ten custo e a honra pasa as máis das veces a un segundo plano. Abundan os “aprendices de bruxo” que intentan enfeitizar vasoiras, buscando atallos que non levan a ningunha parte. Porque o resultado non importa, o único que adquire valor para eles é unha mensaxe, un titular, aínda que sexa falso.
Non quero retrotraerme a lexislaturas pasadas. Nunca tiven que botar a ninguén do despacho, moito menos -como se fora posible- do Concello. Non bloqueei ningún perfil de facebook nin borrei comentarios críticos, penso sinceramente que a única forma de convencer é debater e explicar: cultivar o respecto, que debería ser principio fundamental para calquera persoa.
Semella que o lóxico non resulta para todos. As inxurias sobre unha suposta ameaza a colectivos é algo moi grave, pero as mentiras sen custo promóvense, pois non traen consecuencias para o mentireiro. E nesa actividade de “alfarero” da política, de modelar a arxila ou o barro máis elemental, hai auténticos e verdadeiros profesionais.
Mágoa que se siga nesta liña. Foz merece algo máis e hai quen segue sen decatarse. Cando se convida ao voceiro do Partido Popular a unha reunión conxunta con Augas de Galicia para resolver as legalizacións das captacións de auga, a negativa é a resposta. Supónselle influencia sobre a Xunta de Galicia, gobernada polo seu partido con maioría absoluta. Supónselle gañas para resolver un problema xerado no seu mandato. Supónselle interese de reactivar a construción de vivendas en Cordido, despois de que o PXOM aprobado -parcialmente- no 2018 substituíra as Normas Subsidiarias e bloqueara as edificacións nesa parroquia. Demasiadas suposicións, a realidade é outra moi distinta. Desde a investidura, cando resultou imposible unha reunión de traballo para o traspaso de poderes, seguimos sen aprender nada.
A cada intento de “zancadilla” redobraremos o esforzo. A nada á que se refire merece ser substituída coa realidade: cos feitos, cos traballos e o empeño que expoñemos todas as semanas. Honestidade, seriedade e responsabilidade.
Fran Cajoto (alcalde de Foz)


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



