Ribadeo, 13 de novembro de 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia a inactividade do goberno local do BNG ante a proliferación de vertedoiros incontrolados no municipio.
A popular asegura que “cada vez son más los vertederos incontrolados en nuestro ayuntamiento. Y el gobierno del BNG sabe de ellos, pero no actúa”.
Sierra explica que o Grupo Municipal Popular xa ten denunciado e solicitado unha solución ante a acumulación de residuos de todo tipo no lugar de Porto. A este respecto, lamenta que cando levaron o tema ao pleno municipal fai xa varios meses, “el gobierno del BNG nos dijo, con toda la osadía del mundo, que ya lo harían, que no nos preocupásemos, que lo harían poco a poco. Y tan poco a poco lo están haciendo, que hasta el momento no lo hicieron”, lamenta.
A vicevoceira popular na corporación local considera “una pena que a este equipo de gobierno haya que marcarle el camino a seguir”, en relación á súa falta de actividade: “este gobierno lleva desde que empezó la legislatura sin hacer nada”. É por iso polo que instan a que “despierte de una vez”.
Nesta ocasión, Sierra esixe que o goberno do BNG “ponga remedio a estos vertederos incontrolados cada vez más repletos de basura”, incide.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



