A Mariña, 16 de novembro de 2021. A oitava andaina de outono de A Mariña en Ruta será este sábado, 20 de novembro, polo Viveiro industrial e as lendas.
Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña discorrerá esta fin de semana polo Viveiro industrial e as súas lendas. Os asistentes estarán acompañados por Noela Feal, guía oficial de Galicia. Para esta ruta e para a andaina pola paisaxe cultural de Portocelo, en Xove, que terá lugar o 27 de novembro e que será guiada polo arqueólogo David Fernández, aínda quedan prazas libres. A Mariña en Ruta concluirá o 4 de decembro por terras do Vicedo da man do arqueólogo Fran Canosa. Para esta última ruta as prazas están esgotadas.
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e do teléfono +34 690 61 47 49.
O pasado sábado, 13 de novembro, un total de 15 persoas participaron no roteiro do Camiño de Santiago do Norte entre Lourenzá e Mondoñedo, dentro de A Mariña en Ruta. Nun percorrido de case 4 horas e 9 quilómetros de lonxitude, Claudia del Pino foi a guía encargada de conducir este itinerario que comezou na Praza do Conde Santo co seu impresionante Mosteiro de San Salvador para logo rematar na Praza da Catedral, da histórica cidade de Mondoñedo. Esta antiga senda regalou aos participantes diversos compoñentes que forman a rica e diversa paisaxe da zona: pequenas aldeas vivas, espazos de cultivo forestal, zonas agrícolas, hortas con produtos de tempada, gando e un bosque autóctono outonal, arroupando o camiño cos seus ocres e amarelos.
Remataron as Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía
Tamén a pasada fin de semana tiveron lugar as últimas actividades programadas pola Mancomunidade dentro das III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía que comezaban a fin de semana do 29 ao 31 de outubro na Pontenova, Mondoñedo e Viveiro e do 12 ao 14 de novembro pasaron por Burela, Cervo e Foz.
O 12 de novembro as devanditas xornadas recalaron en Burela, coa visita ao Barco Museo Reina del Carmen e á asociación de redeiras Cabo Burela. O sábado foi a quenda de Cervo, coa visita ao Museo Provincial do Mar e ao estaleiro de carpintería de ribeira da man do artesán local Francisco Fra. E o domingo remataban estas terceiras xornadas cunha visita á Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, e ao Espazo Caritel da man do artista plástico e artesán Daniel Caxigueiro.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliña que “ao igual que a primeira fin de semana as actividades tiveron unha moi bo acollida entre o público participante, completándose todas as prazas de 2 das 3 xornadas con público procedente da propia comarca, pero tamén doutros puntos das provincias de Lugo e da Coruña. Nesta ocasión a iniciativa foi destinada aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral”.
Ambos proxectos están organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ao abeiro do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e co apoio da Deputación Provincial de Lugo para a súa promoción.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



