Foz, 19 de novembro de 2021. A medida que transcorre o mandato municipal está máis claro que o alcalde, Fran Cajoto (PSOE), e o seu equipo de goberno non só son incapaces de xestionar debidamente os asuntos propios do Concello senón que poñen dificultades cando é outra Administración a que os resolve, para mellorar a calidade de vida dos veciños. Nesta liña, o portavoz popular, Javier Castiñeira sinala: “Ao contrario que o señor Cajoto, o Partido Popular si está moi satisfeito por esa boa nova saída do Consello da Xunta: a aprobación da próxima licitación da nova depuradora de Foz, por 12,2 millóns de euros”. Os populares de Foz agradecen “á Xunta de Galicia o seu traballo” e esperan “que o alcalde de Foz, que non está moi contento, non poña trabas a este proxecto que soluciona un dos maiores problemas que tiña a nosa localidade”.
Castiñeira sinala que tan decisivo paso como o dado polo Consello da Xunta para dotar a Foz dunha nova depuradora de augas residuais, “non é unha moi boa noticia só para o PP, senón que é unha moi boa noticia para toda a localidade”. Explica: “Moitos colectivos, como a asociación de Veciños do Castro e a de Comerciantes de Foz, así como veciños a título particular e turistas pedían unha solución aos cheiros e a todas as molestias que xera a actual depuradora, especialmente na época na que hai moita afluencia de visitantes. Outros dos colectivos que sempre estiveron enriba para resolver estes problemas son a Confraría de Pescadores, a asociación A Ribeira e tamén o Club Náutico”.
O portavoz popular di: “Nós, ao contrario que o alcalde, si que levamos traballado arreo para solucionar este problema. PSOE e BNG, polo contrario, levan moito tempo tentando poñer obstáculos e trabas a todas as solucións que propoñía no seu momento o equipo de goberno do Partido popular. Cando chegou o momento de ter o apoio de Foz Plataforma de Futuro para nova ubicación da depuradora, a Xunta púxose a traballar para intentar resolver a tramitación ambiental, que foi moi complexa. Mentres, o PSOE e o señor Cajoto foron capaces de enganar a unha serie de veciños que agora se ven absolutamente estafados do alcalde”. Engade: “Nós, o Partido Popular de Foz, seguimos en positivo e pedímoslle ao alcalde que non poña trabas, porque todo o mundo sabe que el era partidario de ampliar a depuradora do porto, ao contrario do que opinaba a maioría do pobo”.
Castiñeira reclama do alcalde “que convoque canto antes, como xa llo solicitamos varias veces, unha reunión da comisión de seguimento da depuradora, para explicar aos grupos políticos e as asociacións todas estas boas novas”. Insta a Cajoto “a que canto antes poña a disposición da Xunta de Galicia os terreos e que cumpra así o acordado no pasado pleno, que decidiu dar para adiante a este proxecto”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.


