A Mariña, 26 de novembro de 2021. Co fin de promocionar o Turismo Rural de Galicia, no marco do Xacobeo 2021-22, a Federación Galega de Turismo Rural iniciaba onte, xoves, no Camiño do Norte unha actividade de familiarización de axentes de viaxes turísticos con aloxamentos de turismo rural.
Grazas a un convenio asinado entre a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) coa Axencia de Turismo de Galicia, en colaboración coa Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (ATREGA) e a Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI), estanse organizando varios viaxes de familiarización (fam trips) en catro dos camiños de Santiago (Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Vía da Prata e Camiño de Fisterra-Muxía). Trátase dunha primeira aproximación ao turismo rural e a súa oferta diferencial e de calidade para os axentes de viaxes participantes.
Máis de 50 axentes de viaxes de Galicia e de diversos puntos de España -doce dos cales coñecerán o Camiño do Norte ao seu paso pola Mariña Lucense- van poder comprobar por eles mesmos a conexión do turismo rural e a ampla oferta de experiencias presentes a carón dos camiños, coas que logo elaborar atractivos paquetes turísticos para os seus clientes.
Na visita prevista ata mañá, sábado 27 de novembro, na que participa a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, os distintos axentes de viaxes turísticos coñecerán de preto a vinculación do turismo rural co Camiño do Norte no tramo que atravesa os municipios de Ribadeo, Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, aproximándose tamén ata Foz e Cervo.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, considera que “o turismo rural de Galicia en destinos pouco masificados coma o noso onde ademais se vén apostando polo turismo slow dende xa hai anos, na situación actual de pandemia que vivimos, é unha opción inmellorable para o descanso e lecer no noso territorio. Esta iniciativa vai permitir ás axencias de viaxes participantes explorar o noso territorio vinculado ao Camiño de Santiago e outros puntos próximos da man do turismo rural e a singularidade deste que pode axudarlles a ofrecer aos seus clientes experiencias auténticas e de calidade, ao tempo que permiten a estes aloxamentos de pequeno tamaño poder seguir traballando de forma continuada durante todo o ano. Dende a Mancomunidade animamos a estes profesionais a apostar polo turismo rural galego, polo Camiño do Norte e polo xeodestino da Mariña Lucense. E agradecemos a José Manuel Villapol, dono de Finca Goleta, presidente da Asociación de Turismo Lugo Costa e membro de FEGATUR, a súa implicación na promoción do turismo rural de calidade”.
Dentro deste fam trip hoxe, venres, pola tarde terá lugar un encontro de traballo entre persoas propietarias de establecementos do territorio e as que traballan no sector das axencias de viaxes, no que tamén participará persoal técnico da Mancomunidade e que axudará a propiciar un achegamento de traballo e intercambio de ideas, buscando definir novas sinerxías que contribúan á desestacionalización e diferenciación do turismo rural galego.
Onte, xoves, os participantes nesta iniciativa estiveron en Mondoñedo mergullándose na súa historia e cultura local, visitando da man da guía oficial de Galicia Claudia del Pino tanto o centro histórico como os seus diversos atractivos turísticos. E para hoxe, venres, o programa de actividades inclúe visitas ao Espazo Caritel e á basílica de San Martiño, en Foz, e a continuación un percorrido pola costa de Barreiros e unha actividade de interpretación xeolóxica no Monumento Natural da Praia das Catedrais en Ribadeo da man de Fran Canosa. O xantar será en Lourenzá, onde pola tarde farán unha visita cultural coa Ruta da Faba como fío condutor. Posteriormente terá lugar o encontro de traballo entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe en Casa do Mudo, de Cervo. O programa remata mañá, sábado, cun almorzo e visita á fábrica de Sargadelos e ao conxunto histórico-artístico.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



