Burela, 1 de decembro de 2021. Rematou a campaña de recollida de xoguetes e roupa para enviar aos nenos e ás nenas de Cabo Verde, que organizaron a Fundación Expomar e a Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.
A edil Noelia Mª Ben contou que “xa recollemos todo o material, estamos desbordados porque recibimos moitísima roupa e xoguetes. Queremos dar as grazas aos coles, ás garderías, á Fundación Expomar onde fixemos a recollida máis no Concello e a toda a xente de Burela que colaborou. Estamos encantados coa colaboración e a solidariedade que houbo”.
A concelleira de Inmigración e Cooperación dixo que “tamén son peza fundamental nesta iniciativa os armadores bureleses de palangre de superficie que faenan nos caladoiros atlánticos das augas de Cabo Verde, xa que ofrecen os colectores dos seus buques para facer chegar directamente o material recadado ata o Porto de Mindelo, na Illa de Sao Vicente”.
Recibindo todo o material recollido estiveron hoxe o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, o armador Moncho Domínguez, que faena na costa de Cabo Verde co Brueiro, e concelleira burelesa, Noelia Mª Ben.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



