Ribadeo a 3 de diciembre de 2021. O Real Club Náutico de Ribadeo conseguiu aumentar a súa masa social cun centenar de altas novas, grazas a unha ambiciosa “Campaña de Captación de Socios”. Dita iniciativa posta en marcha a principios do pasado verán e que finalizará o próximo 31 de decembro, promociona o ingreso na entidade, cun desconto superior ao 60% na cota de entrada. No caso de fillos de socios, cunha idade de entre 24 e 27 anos redúcea ata o 100€ e é a “custo cero” para os menores de @dicha de idade.
Igualmente os cónxuxes de socios e antigos socios, poden acollerse á devandita promoción sen abonar cota de entrada. Así mesmo, a creación da figura do socio deportivo, trata de facilitar o acceso dos máis novos ás seccións deportivas do club.
Esta Campaña de Captación de Socios, supón que o RCNR recupere a masa social perdida en anos anteriores, superando xa os 900 socios e achegándose cifras de tempos pasados.
A Directiva do Real Club Náutico de Ribadeo, congratúlase do éxito que supuxo esta iniciativa e engade que a boa acollida que tivo, débese ao impulso que desde a entidade trátase de dar, aumentando a oferta ao socio en servizos e actividades, como o uso das embarcacións sociais do club, a recuperación dunha actividade tan distinguida como a Zalea a Abres, que volta a contar cunha destacada participación, e a aposta pola Escola de Vela todo o ano.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



