Santiago de Compostela, 9 de decembro 2021. A través dunha moción, sobre a situación económica do sector lácteo, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) culpabilizou ao goberno galego de non intervir no conflito exixindo, entre outras medidas un compromiso dos produtores e produtoras e a industria de transformación e distribución para buscar unha solución nunha mesa de diálogo.
O BNG acadou un acordo para demandar do Estado dotar aos sectores produtivos dunha ferramenta para fixar os custes de produción de referencia de maneira vinculante e obrigatoria.
Na defensa da moción, o deputado explicou que o Goberno galego non está a impedir que os produtores e produtoras continúen producindo “a perdas” de aí a necesidade de sentar na mesma mesa a todos os axentes implicados, proposta que non foi aceptada polo grupo maioritario do Partido popular.
A iniciativa nacionalista incluía dous puntos máis que foron aprobados pola Cámara galega. O punto número dous referido á obriga da Xunta a “velar, no marco das súas competencias, porque nos novos contratos a asinar entre produtores e industria transformadora, nos prezos acordados se incorporen as subas con referencia ao IPC galego dos alimentos para o gando, combustibles, electricidade, abonos de síntese…, e demais factores que inciden nos custes de produción; e que se faga con esta referencia unha actualización de prezo para o cumprimento do establecido na letra c) do apartado 1 do artigo 9 da Lei da cadea alimentaria”. E demandar do Estado que, no desenvolvemento da Lei da cadea alimentaria, se dote aos sectores produtivos dunha ferramenta pública, obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios; ou que no seu caso, se permita utilizar para a súa determinación fontes do Ministerio de Agricultura (o ECRAE, Estudio de Costes y Rentas de las Explotaciones ou o RENGRATI, Red Nacional de Granjas Típicas), a chamada “Conta Láctea”, os estudos publicados polos diferentes observatorios da Comunidade Autónoma ou os realizados pola universidade ou organismos públicos.
Na súa intervención, Rivas lembrou que coa chegada de Feixóo á Xunta tamén chegaron “os oligopolios” e os prezos do leite comezaron a cair, atrás, enfatizou, quedaba un goberno bipartito no ano 2009, cos seus contratos homologados, as Agrupacións de Xestión de Explotacións, o Observatorio Lácteo e a Mesa do Leite e para disimular, explicou, elaboraron unha Lei da Cadea Alimentaria, “unha nova burla” do PP con M. Rajoy ao fronte, ese “eme punto” que vostedes é nós sabemos quen é. Unha lei que foi oito veces modificada mentres os dous principais partidos “agachaban as orellas” e non quixeron ver a problemática e desesperación dos produtores e produtoras.
O problema de fondo, reiterou o nacionalista, é que “os labregos e gandeiras están na máis absoluta indefensión diante deses oligopolios que son a Industria de Transformación, a Comercialización e a Distribución”, remarcou.
“Vostedes, non teñen valía política para dotar esa lei da ferramenta necesaria para que non se cometa a inxustiza que todo o sector denuncia. Non foron quen de presentar unha emenda aos artigos 9 e 12 para proporcionar o que os produtores están demandando”. Uns e outros, son “cómplices” deste desaguisado e responsables da situación.
“Permitiron e permiten que o leite sexa un produto reclamo nos hiper, super, áreas comerciais e mercados en xeral e que se venda a perda”, polo que volveu a reclamar “prezos razoables” e non seguir producindo o leite a prezos de custe a perda.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



