Barreiros, 18 de decembro de 2021. O delegado do Goberno, José Miñones, destacou a aposta do Goberno pola conservación dos recursos paisaxísticos e medioambientais de Barreiros. O delegado do Goberno fixo estas declaraciones logo de manter unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ana Hermida, e o Goberno local de Barreiros, na que tamén participou a subdelegada do Goberno en Lugo. A xuntanza tivo lugar na Casa do Concello, onde lle trasladaron diversas necesidades do municipio e tamén asinou no Libro de Honra do municipio, antes de desprazarse ata as praias de Arealonga e Coto.
José Miñones anunciou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico está a ultimar a redacción de dous proxectos para facer melloras en praias deste municipio mariñán. Explicou que a Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar ten previsto acometer dúas actuacións para realizar melloras na praia de Arealonga en San Miguel de Reinante e na praia de Balea-Coto.
“Con estas intervencións propoñémonos axudar á recuperación da gran riqueza natural que posúe o concello de Barreiros, que supón un gran atractivo tanto para os veciños e veciñas como para os numerosos visitantes deste municipio”, subliñou Miñones. Neste sentido, destacou que “o gran tirón turístico de Barreiros e do conxunto de muncipios da comarca da Mariña vai recibir un pulo decisivo co Plan de Sustentabilidade Turística pois o proxecto da Mancomunidade de municipios suporá o investimento de 3 millóns de euros”.
O delegado do Goberno informou á alcaldesa e ao equipo de Goberno de Barreiros de que a Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar está a ultimar os proxectos de recuperación e protección do sistema dunar de Arealonga en San Miguel de Reinante e da praia da Balea-Coto.
Estas actuacións consistirán na recuperación dos ecosistemas das dúas praias. Para iso está prevista a erradicación de especies invasoras que supoñen unha importante ameaza, como é o caso da herba da Pampa, e a posterior restauración de especies autóctonas. Posteriormente está prevista a execución de novos accesos e a mellora dos xa existentes. A actuación completarase coa realización de melloras nos edificios de uso público existentes na zona.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



