A Mariña 27 de decembro de 2021. Un paciente fai denuncia pública a través da Plataforma Sanitaria da Mariña pola desaparición, na maior parte dos concellos da Mariña, da atención presencial que ata hai algo máis de seis meses viña dando o servizo de paliativos/ HADO dependente do Hospital da Mariña.
O paciente padece unha aplasia medular desde hai anos, seguida polo servizo de Hematoloxía, máis ante o franco empeoramento da mesma é derivado ao servizo de Coidados Paliativos hai algo máis dun mes.
Malia que gran parte da actividade destes servizos desenvólvese nos domicilios dos pacientes , desde hai máis de seis meses e debido á falta de cobertura dxs profesionais do servizo, a xerencia determinou que so tres ou catro concellos foran receptores deste servizo.
O paciente e a súa familia destacan o bo facer e o enorme esforzo dxs traballadorxs de paliativos vía telefónica.
Desde o primeiro momento, tanto o paciente como a súa familia, quixeron deixar constancia do trato exquisito que lle brindaron as e os traballadores do servizo, e saben da enorme carga de traballo que teñen, ás veces doble ou triple da que lle corresponde, máis “eso non xustifica que aos pacientes se lles negue a asistencia que deberían ter nos seus fogares, cargándolle ese traballo ao seu centro de saúde, abondo saturados tamén”- comentan.
A esposa e coidadora principal do paciente explica que toda a atención que recibiu foi telefónica, e por iste motivo síntense agraviados respecto a outrxs pacientes que perciben a atención propia do seu padecemento. Comenta tamén que no seu caso “a gran responsabilidade e implicación familiar, axuda moitas veces incluso aos profesionais de primaria, en quen se descargou a responsabilidade da atención presencial”. Este foi o motivo de que pedisen axuda á Plataforma, que rexistra a correspondente reclamación o día 13 de decembro, con número de entrada 2788.
O servizo só funciona de xeito presencial en catro dos catorce concellos da Mariña.
Os servizo de Paliativos /Hospitalización a Domicilio(HADO) conta cun cadro de persoal de 3 facultativxs que traballan en quenda de mañá de luns a venres e 5 enfermeirxs, que cubren as mañás e tardes de todos os días da semana, polo que o servizo está estruturalmente deficitario ,desde a súa orixe, para unha poboación de case setenta mil habitantes, cunha alta dispersión e máis de oitenta quilómetros entre os extremos da comarca.
Máis desde hai uns seis meses está a funcionar con dous dos tres médicos e incluso hai días en que so hai un. Os permisos ou baixas dxs enfermeirxs tampouco se están a substituir, recaendo eses turnos de ausencias sobre as compañeiras. Esto supón que o traballo está habitualmente duplicado ou triplicado. Ante esta situación o Sergas da como solución eliminar o servizo presencial en dez dos catorce concellos, quedando máis do sesenta por cento da poboación sen a presencialidade, que recae sobre persoal de Atención Primaria, persaol que xa está sobrepasado porque aquí tamén están moitas veces ao cincuenta por cen ou incluso por debaixo.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos ao Sergas que se sustitúa o persoal ata chegar á dotación inicial todos os días, para poder retomar a atención presencial na totalidade dos concellos do distrito, rematando coa discriminación coa que o Sergas ten sometida á maior parte da poboación mariñá. Segundo comenta a coordinadora dxs activistas sanitarixs, Montse Porteiro, “o argumento teimudo do Sergas de que non hai médicxs nen enfermeirxs nos nos vale como resposta nin a nós nin á veciñanza e instámolos a que se poñan a traballar de firme, con máis feitos e menos publicidade enganosa, para rematar coa enorme desigualdade que supón privar a pacientes dun servizo que outrxs teñen, e coa sobrecarga de traballo q se bota enriba da Atención Primaria”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



