Madrid, 10 de xaneiro de 2022. Un novo equipo asume desde hoxe a dirección do Grupo Parlamentario Socialista no Senado. A portavoz do grupo, Eva Granados, reuniu hoxe ao novo equipo, cuxo labor será impulsar lexislativamente a acción do Goberno e contribuír a unha recuperación xusta tras a pandemia.
Granados agradeceu a acollida que a dirección saínte tivo á súa chegada á portavocía, e o gran traballo desenvolvido polos seus integrantes en tempos moi difíciles debido á pandemia. “Quiero hacer público mi mayor reconocimiento a Tontxu Rodríguez, Javier Aragón, Mercedes Berenguer y Riansares Serrano”, ha señalado, “personalmente estaré siempre agradecida por haberme acogido y acompañado desde mi llegada a la Cámara”.
Ao seu xuízo, o proxecto socialista “debe potenciarse, reforzarse y renovarse” para apoiar o traballo do Goberno, escoitar activamente á cidadanía e compartir a mensaxe do PSOE.
Perfís para unha lexislatura larga
A nova dirección do grupo está integrada por Gonzalo Palacín, como Secretario xeral; e por María Teresa Macías, César Mogo, María Fernández, José Aurelio Aguilar e Victoria de Pablo.
Gonzalo Palacín é senador por Huesca e portavoz de Orzamentos na Cámara Alta. A súa experiencia profesional como economista, con varios másteres no campo das finanzas, centrouse na banca e na xestión de empresas. En política, desempeñou varios cargos de responsabilidade no Concello de Monzón, de cuxa agrupación socialista é secretario xeral. Foi deputado no Congreso nas lexislaturas XI e XII.
A nova responsable de Coordinación territorial do grupo é María Teresa Macías, militante desde 2001, senadora por Badajoz e funcionaria do Corpo Técnico da Administración estremeña. Experta no sector agroalimentario e o medio rural, é a actual presidenta da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Senado. É secretaria de Comunicación na súa agrupación en Calamonte, localidade na que foi concelleira en tres mandatos. É secretaria da área de Política Autonómica na Comisión Executiva Rexional de Estremadura, onde tamén foi deputada rexional.
O senador por Lugo César Mogo, novo responsable de Coordinación Política, é licenciado en Políticas e Socioloxía, e foi director de gabinete en distintas secretarías de Estado e ministerios. Ademais, foi director de Asuntos Institucionais en Presidencia do Goberno. No Senado, presidiu a Comisión de Asuntos Iberoamericanos durante a XIII Lexislatura e actualmente preside a Comisión de Defensa. É secretario de Coordinación Parlamentaria do PSdG-PSOE.
María Fernández é a nova directora da área de Benestar e Igualdade do grupo. É avogada, foi senadora entre 2018 e 2019, e de novo é senadora electa polo Principado de Asturias. Secretaria de Cohesión e Dereitos sociais da Executiva asturiana desde 2017, desempeñou distintos cargos no Concello de Langreo, localidade da que foi alcaldesa e portavoz do Grupo Municipal Socialista.
Josele (José Aurelio) Aguilar ocupará a Dirección da área de Transicións Xustas e Emprego. É senador por Málaga e avogado experto en prevención de branqueo de capitais, entre outras materias. Profesor asociado de Dereito Civil na Universidade de Málaga, foi elixido portavoz de Universidades no Senado na XIII lexislatura, responsabilidade que mantén. Desde 1983 milita no PSOE e foi membro do Comité Federal.
Vitoria de Pablo pasa a ser a directora da área de Dereitos e Liberdades do Grupo Socialista. Avogada nada en Salamanca, é senadora electa pola Rioxa e concelleira en Ojacastro. Deputada no Parlamento da Rioxa e portavoz alí do Grupo Parlamentario Socialista ata 2003, foi decana do Colexio de Avogados da Rioxa e conselleira do Consello Xeral da Avogacía, organismo que lle outorgou en 2014 a Cruz ao Mérito da Avogacía Española. É Delegada da Asociación Clara Campoamor na Rioxa, e portavoz na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado.
“Cuento con vosotros y vosotras para seguir construyendo el proyecto político socialista”, sinalou Granados, “confío plenamente en nuestra capacidad como Grupo Parlamentario para contribuir a lograr que España sea un país mejor, más sostenible, más justo y más solidario. Con más derechos y libertades, y con más y mejor empleo, con una economía más verde y robusta que permita una recuperación justa para todos y todas”.

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



