Ribadeo, 12 de xaneiro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, cualificou de cordial a xuntanza mantida esta mañá en Santiago co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O rexedor plantexoulle 5 posibles localizacións para o novo centro de saúde, xa que as autoridades sanitarias aseguran que non é factible reformar o actual.
Suárez Barcia declarou: “como resumo desta xuntanza, que podemos dicir que foi moi agradable, na que se mostrou polas dúas partes, tanto polo Concello de Ribadeo como pola Consellería de Sanidade, a vontade para chegar a un acordo e para que sexa unha realidade que Ribadeo poida ter un novo centro de saúde, despois que as propias autoridades sanitarias nos asegurasen que non é factible tecnicamente acometer unha adaptación do actual centro de saúde de Ribadeo”.
O alcalde subliñou que “con todo iso desde o Concello non plantexamos soamente unha ubicación nova senón 5, todas elas teñen diferentes casuísticas e agora os responsables técnicos da Consellería de Sanidade estudarán e valorarán cal é a que mellor se pode adaptar as necesidades técnicas deles. Estas ubicacións que lles fomos plantexando, como todo na vida, teñen vantaxes e inconvenientes: sobre a centralidade, sobre as comunicacións de acceso rodado, de dimensións das parcelas posibles, así como tamén de tramitación administrativa, posto que todas elas precisan dalgún cambio normativo e algúns incluso non son de índole municipal senón coa salvedade autonómica”.
O rexedor dixo: “pero, sendo todas estas ubicacións posibles, quedamos en que os técnicos da Consellería de Sanidade o estuden, veñan a Ribadeo, o vexan polo miúdo e decidan cal consideran óptima. Deste xeito desde o Concello colaboraremos con decisión para poñerlles os terreos á súa disposición canto antes”.
Fernando Suárez engadiu: “valoramos moi positivamente a cordialidade da xuntanza co conselleiro e coa súa equipa para buscar unha solución que permita a Ribadeo ter un novo centro de saúde canto antes. E desde logo que teña presente tamén o conselleiro o noso compromiso e a nosa lealdade para buscar e atopar unha solución a este desafío”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



