Xove, 14 de xaneiro de 2.022. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai aproximadamente un mes unha nova edición do Concurso de Postais destinado, como en anos anteriores, a nenos/as e rapaces/as de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios.
Unha das postais premiadas neste Concurso vai ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos.
Os premiados nesta edición, foron:
1º. Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 37) ALMA RODRÍGUEZ FRA.
2º : (Nº 8) RAÚL FERNÁNDEZ DUARTE.
3º : (Nº 1) ANAIS ROMERO SUÁREZ.
2º. Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 9) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.
2º : (Nº 31) ADRIÁN REGO GARCÍA.
3º : (Nº 51) GABRIEL MIRAMONTES ATANES.
3º. Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 27) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.
2º : (Nº 11) PAULA PÉREZ TEIJEIRA.
3º : (Nº 10) LUKA PURRIÑOS GARCÍA.
4º. Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 29) INÉS RODRÍGUEZ BERMEJO.
2º : (Nº 57) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º : (Nº 12) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.
5º. Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 52) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.
2º : (Nº 18) CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º : (Nº 41) UXÍA GRADAILLE DURÁN
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



