Mondoñedo, 15 de xaneiro de 2022. O Concello de Mondoñedo adxudicou á empresa Construcciones Isidro Otero S.L. a segunda fase das obras de reurbanización do treito do vial de acceso dende a LU-124 ao barrio de Couto de Otero, por importe de 46.622,93 euros (o orzamento de proxecto era de 48.037 euros) e un prazo de execución de sesenta días naturais. Constitúe o vial de comunicación mais directo do núcleo urbano de Mondoñedo coa parroquia de Lindín. As obras comezarán o luns.
O obxectivo fundamental da actuación, segundo se detalla nos documentos técnicos, “é a mellora das condicións do camiño, que na actualidade conta con terreos de titularidade municipal colonizados pola vexetación, pavimentándoo axeitadamente e dotándoo de maior ancho de rodadura, sempre dentro da aliñación que marca o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mondoñedo”.
Entre as acción a levar a cabo figura o desbroce e limpeza do terreo con retirada de terra vexetal, demolición de pasos salvacunetas existentes así como pavimento de formigón que sexa necesario retirar. Igualmente procederase á demolición e reposición de soleira de formigón e da canalización existente de pluviais. Acometeranse os traballos necesarios de reposición e renovación da infraestruturas precisas, para rematar co pavimentado en quente, o pintado da sinalización horizontal e a recolocación dos sinais verticais.
Esta intervención comezou coa adquisición, por mutuo acordo, dunha vivenda que se atopaba en ruínas, para ampliar a vía, respectando o Plan Xeral






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



