Cervo, 20 xaneiro de 2022. O concello de Cervo comeza a dar os pasos para achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa. No día de onte o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a antiga escola de Rúa para manter unha reunión cos veciños da zona de Ruela, onde se fará a primeira das actuacións previstas para achegar o saneamento a toda a parroquia.
Ao encontro tamén acudiron dous técnicos topográficos, co obxectivo de resolver as dúbidas dos veciños e veciñas, ademais de consensuar con eles diferentes aspectos das actuacións que se pretenden levar a cabo.
A execución deste conxunto de actuacións permitirá achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa, dotando así aos veciños desta zona rural dunha infraestrutura esencial para o seu día a día.
Villares apuntou que se trata “dunha actuación importante para a veciñanza da parroquia de Rúa, xa que este tipo de obras son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”.
O rexedor sinalou que “con esta actuación, que comezará en Ruela, e que se estenderá aos núcleos restantes, melloramos as infraestruturas básicas dunha zona rural do noso municipio como é Rúa,”. Quixo engadir o alcalde que “desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



