Lugo, 20 de xaneiro de 2022. O PP de Trabada pide explicacións á alcaldesa, Mayra García (PSOE), sobre que pretende facer en relación con polígono industrial, á vista do recente acordo da Deputación polo que este organismo cede ao Concello os terreos que a desaparecida sociedade provincial Suplusa tiña adquiridos para construír, á súa costa, o parque empresarial. O portavoz popular, José María Fernández, considera inaudito que o goberno local libere á Deputación do compromiso adquirido co Concello, mediante convenio, para a construción do polígono. Os populares defenderán, na liña indicada, unha moción no pleno que celebrará a corporación municipal o próximo mércores.
Fernández considera que a Deputación, co acordo de cesión dos terreos ao Concello, queda totalmente liberada das responsabilidades que, por vía de Suplusa, tiña adquiridas co polígono de Trabada. Unha parte dos terreos xa fora adquirida por Suplusa, pero, como avisan os populares, aínda os hai que seguen en mans privadas. Polo tanto, queren saber que pensa facer o Concello ao respecto. Fernández explica: “No convenio firmado no seu momento polo goberno popular de Trabada con Suplusa, esta sociedade provincial asumiu practicamente todos os custos, dende a compra dos terreos ata a execución das obras; agora resulta que a Deputación cede os terreos e o Concello asume todo o resto”. Cre que unha vez máis se demostra que a alcaldesa socialista obedece aos intereses do presidente da Deputación e probable secretario provincial do PSOE, José Tomé, e non os do seu concello.
Fernández explica: “Nós o que esiximos é que se cumpra o convenio firmado no seu día. Trabada necesita un polígono e a maneira adecuada de conseguilo era a que se recollía nese convenio. En todo caso, a alcaldesa ten que dar as explicacións que debeu dar antes de tomar esa decisión e de que a Deputación acordara a cesión dos terreos”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



