A MARIÑA .- Asociacións culturais da Mariña organizan o vindeiro Martes 13 de Xullo a partir das 20:00 h no Parque Rosalía de Castro de Burela un acto de homenaxe a Rosalía de Castro coincidindo co 125 aniversario da morte da nosa poeta nacional. É unha inciciativa na que están implicadas a AC. Francisco Lanza. C.Cultural Ollomao, AC. A Pomba do Arco, C. Cultural Buril, Mariña Patrimonio, AC. Arrincadeira, AC. O Milleiro, Irmandade San Caetano, AC.Mardouro, AC. Anduriña.
Nota de Prensa
Musica e poesía para reivindicar a Rosalía.
Asociacións culturais da Mariña chaman a homenaxear o Martes 13 a Rosalía de Castro en Burela
As asociacións culturais da Mariña organizan o vindeiro Martes 13 de Xullo a partir das 20:00 h no Parque Rosalía de Castro de Burela un acto de homenaxe a Rosalía de Castro coincidindo co 125 aniversario da morte da nosa poeta nacional. Este acto responde a intención do movemento cultural da Comarca de dignificar, divulgar e poñer en valor a obra desta grande escritora así como reivindicar o uso público e o carácter laico do panteón de Santo Domingos de Bonaval onde está enterrada e que ven de ser fechada ao público polas autoridades eclesiásticas.
Os colectivos culturais convocantes do acto consideran fundamental lembrar o patrimonio que nos legou esta grande galega que non se cingue só a unha obra poética aínda hoxe non superada e que a cada vagada cobra máis actualidade senón ao conxunto do seu corpo literario e tamén da súa actitude vital, que senta as bases para a recuperación escrita do idioma que nos é común e nos identifica como galegos e galegas.
O acto a celebrar en Burela o Martes 13 consistira nunha lectura de tres textos de Rosalía a cargo do escritor Miguel Sande, da xornalista Olga Castro e do pintor Celso Dourado cuxas intervencións intercalaranse con actuacións musicais a cargo do grupo burelés Dambara. Asemade as asociación organizadoras do acto darían lectura ao poema de Curros “Na morte de Rosalía” como reivindicación da autora homenaxeada e tamén como demanda da actualidade e da vixencia das esixencias do poeta de Celanova.
As asociación que organizan este acto chaman a toda poboación da Mariña a sumarse a esta homenaxe en Rosalía a Burela e considera prioritario a participación nesta actividade festiva do maior número de persoas posíbel, tanto polo necesario recoñecemento de Rosalía de Castro como pola urxente reivindicación da apertura do Panteón de Galegos Ilustres, baixo unhas mínimas condicións en canto a horarios, titularidade e aconfesionalidade do recinto
Asemade os colectivos convocantes que tamén están adheridos a Plataforma nacional que promove unha homenaxe nacional para o 15 de Xullo en Compostela a Rosalía queren convocar a todos os mariñaos a participar desta xornada en Compostela e lembrar que haberá autobuses desde A Mariña para acudir a Compostela. Aquelas persoas que pretendan acudir a manifestación poden chamar ao Tlf:608-555-010.
AC. Francisco Lanza. C.Cultural Ollomao, AC. A Pomba do Arco, C. Cultural Buril, Mariña Patrimonio, AC. Arrincadeira, AC. O Milleiro, Irmandade San Caetano, AC.Mardouro, AC. Anduriña.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



