Viveiro, 27 de xaneiro de 2022. A estrada provincial LU- P- 6601 precisa melloras na sinalización e nas medidas de seguridade a altura do cruce co acceso á Silvarosa. Os populares solicitan, mediante un rogo, ao goberno local que efectúe as xestións necesarias para que a Deputación instale sinais que limiten a velocidade a 40 Km/ h a 100 metros antes da aproximación á ponte do tren en ambas as dirección. Igualmente, o PP quere que a Administración “adopte medidas tallantes para o control da velocidade, como o uso de resaltos para forzar a redución da velocidade”.
O concelleiro Javier Teijeiro explica que o límite de velocidade para turismos é de 90 Km/ h e que unha vez pasada a ponte do tren, en sentido descendente cara a Viveiro, hai un sinal que limita a velocidade a 40; en sentido ascendente cara á Silvarosa non existe esa limitación. No cruce co acceso hai dous espellos para mellorar a visibilidade cara ambos lados. Pero esta medida resulta insuficiente por dous motivos.
Por un lado, porque son numerosos os vehículos que circulan a gran velocidade. Por outro, porque “dita vía está orientada ao Oeste, polo que durante certas horas do atardecer (entre as 16:00 e as 18:00 principalmente) o sol cega excesivamente a visión de ambos espellos, e se a maiores coincide que o chan está mollado pola choiva, fai un efecto espello xa cegador dende a rotonda da capela de Ecce Home”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



