Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2022. A deputada socialista Patricia Otero reclamoulle hoxe á Xunta de Galicia que cubra de xeito urxente as prazas tanto de persoal médico como de enfermería no servizo de Paliativos e HADO do Hospital da Mariña. Fíxoo a través dunha proposición non de lei defendida hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento, na que solicitaba chegar á dotación inicial todos os días da semana co obxectivo de poder retomar a atención presencial na totalidade dos concellos do distrito sanitario da Mariña.
A proposta foi aprobada, incluso cos votos a favor en do PP, o que supón “un recoñecemento explícito de que non se está a prestar un servizo esencial”. Nesta liña, Patricia Otero evidenciou a delicada situación que están a padecer moitos doentes, algúns deles con patoloxías crónicas ou terminais, e que “só están a recibir atención telefónica”. A maiores, moitas veces son derivados á atención primaria, onde se vive unha “situación caótica, como no caso do centro de saúde de Viveiro, no que “a veces se rexistra unha ratio de 1 médico por cada 5.000 habitantes”.
Neste contexto, a deputada mariñá reclamoulle ao PP e á Xunta “un pouco de humanidade” e que “traballen para buscarlle unha solución a esta situación tan complexa”. Ao mesmo tempo, Patricia Otero incidiu en que esta circunstancia “desmonta o discurso do PP de que a todo o que promete a Xunta se fai realidade”, unha afirmación realizada hoxe na Comisión de Sanidade por unha deputada do PP e que “me deixou moi impactada porque parece que vivimos en mundos moi distintos”.
Para corroborar as eivas denunciadas por moitos doentes e as súas familias, Patricia Otero explicou que dende hai máis de 6 meses “só hai dous médicos no servizo de Paliativos e HADO e incluso algúns días chegou a haber só un”. Ademais, “os permisos e as baixas do persoal de enfermería non se están a cubrir, recaendo esas quendas de ausencias nos outros compañeiros do servizo”, algo que tamén é “habitual no Sergas”.
Ante esta situación o Sergas tomou a decisión de que “desaparecese na maior parte dos concellos da Mariña de Lugo” a atención presencial que ata hai algo máis de 6 meses se viña a dar dende o servizo de paliativos e HADO dependente do Hospital da Mariña. De feito, tan só se mantén nos municipios de Burela, Cervo, Foz e Xove.
Deste xeito, eliminouse un servizo presencial en 10 dos 14 concellos do distrito sanitario da Mariña, quedando, polo tanto, “máis do 60 por cento da súa poboación sen servizo presencial”. Agora, os doentes destes 10 concellos da Mariña que non teñen servizo presencial de HADO, entre os que se atopan enfermos crónicos ou terminais, o Sergas derívaos aos servizos de Atención Primaria, “que como estamos a ver levan moito tempo denunciando os seus profesionais, están excedidos e saturados”.
Patricia Otero lembrou que o servizo de Paliativos e Hospitalización a Domicilio do hospital da Mariña xa se creou no seu momento dun xeito deficitario, pois so contaba con 3 facultativos médicos, que prestaban atención de luns a venres pola mañás, e 5 profesionais de enfermería en quendas de mañá e tarde todos os días da semana.
Reclamou que se cubran as prazas ata chegar cando menos á dotación inicial para que o servizo poida ofrecer de verdade unha alternativa asistencial á hospitalización convencional, para atender entre outros a doentes oncolóxicos, infecciosos, con cirurxías complexas, crónicos ou en estado terminal. “O obxectivo”, subliñou, “é que eses doentes reciban nas súas casas o conxunto de atencións e coidados médicos e de enfermería de complexidade hospitalaria”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



