Alfoz, 6 de febreiro de 2022. Ante as informacións que están a saír publicadas sobre o proxecto da hidroeléctrica que se está a tramitar no Ministerio de Transición e Reto Demográfico, o Grupo Municipal do PP de Alfoz manifesta que, “como non pode ser doutro xeito, estaremos do lado dos veciños” e demanda máis información ao Concello sobre esta iniciativa. E é que, sinalan, “non se pode presentar e facer público o apoio sen antes explicarlles aos afectados a envergadura desta obra, así como as afectacións que poida ter tanto positivas como negativas”.
“Non se pode querer apoiar un proxecto desta magnitude con escurantismo, pois se non fora a inquedanza de algún veciño que o publicou nas redes sociais dende o Concello non o ían a dar a coñecer. A desinformación xera dúbidas e esas dúbidas teñen que ser explicadas minuciosamente. Un proxecto desta magnitude non pode ter consecuencias irreversibles para o noso municipio”, insisten dende o Grupo Municipal do PP.
Esta falta de información que consideran é a que leva aos populares deste municipio de A Mariña a anunciar que nos vindeiros días presentarán por rexistro un escrito no Concello, a través do que demandan do goberno local “que leve a cabo as xestións oportunas para que dende o ministerio se dean as explicacións oportunas aos veciños”. Ademais, indican, “isto non sería moi complicado pois o Goberno e o alcalde son da mesma cor política”.
“Cremos que o que procede agora é que se nos explique en que consiste esta iniciativa que tantas dúbidas está a xerar e que tanta incerteza está a crear”. Os populares pregúntanse así “que pasaría se estivese gobernando o Partido Popular e se intentase levar a cabo unha actuación desta envergadura sen explica antes?”.
Por este motivo, dende o PP de Alfoz insisten na necesidade de que “a mellor maneira de non seguir aumentando a incertidume que temos é que se dea a cara e nos informen de todo”.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



