Foz, 6 de febreiro, 2022. O Club de Atletismo ‘Ría de Foz’ participou con case 50 atletas no Campionato Galego Federado de Cross (45 atletas das categorías inferiores e 3 atletas máster), celebrado na Pobra do Caramiñal este domingo día 6 de febreiro, converténdose, así, nunha das expedicións máis numerosas dos clubs galegos.
Destacamos os resultados máis salientables obtidos, a título individual, polos atletas das categorías inferiores:
MIGUEL DIZ 5° posto (sub 12)
ADRIÁN VILLAPOL 11° posto (sub 12)
MARINA GARCÍA 19° posto (sub 14)
ELENA PUMARES 15° posto (sub 16)
LUCAS GARCÍA 6° posto (sub 16)
XABI RODRÍGUEZ 15° posto (sub 16)
HELENA CELADA 8° posto (sub 18)
CAMPIÓNS GALEGOS POR EQUIPOS SUB 12 MASCULINO.
O equipo estaba composto por: Miguel Diz, Adrián Villapol, Iago Rodríguez, Xabier Diz, Iago Balseiro, Guillermo Pardiñas e Nicolás Pardiñas. Billete directo para o campionato de España para os nosos atletas.
4° posto do equipo sub 14 feminino. Medalla de chocolate para elas! O equipo estaba composto por: Marina García, Alba Iravedra, Lucía Gonzalez, Lara González, Antía Fernández, Ainhoa Souto, Azahara De la Peña e Paula Manín.
Por outra banda, o noso Club tamén estivo representado na proba máster, que se desputou na sesión de tarde, coa participación de tres atletas: Carla Trillo, Óscar Buján E Marcelo Lanza.
CARLA ocupou o 5° posto da xeral e o 4° posto da súa categoría (M35).
ÓSCAR, despois de liderar boa parte da proba, tivo que retirarse a falta dunha volta por lesión.
MARCELO foi o 7° da xeral e obtivo o 6° posto da súa categoría (M45).
O club pon en valor o progreso que está a realizar a canteira, medrando a pasos axigantados e competindo de ‘ti a ti’ con grandes clubs do panorama atlético galego.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.


