Xove, 24 de setembro, 2026. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, presentaron esta mañá unha nova edición do Concurso de Fotografía Medioambiental, unha iniciativa que busca poñer en valor a riqueza natural do municipio a través da mirada creativa da cidadanía.
Esta duodécima edición volve centrarse na natureza, a costa e o mar de Xove, elementos que definen a identidade e o patrimonio ambiental do territorio. Durante a presentación, a concelleira destacou que o certame pretende animar á veciñanza e ás persoas afeccionadas á fotografía a descubrir Xove desde novas perspectivas e captar a súa beleza e singularidade.
Pola súa banda, o alcalde subliñou a importancia de promover iniciativas que fomenten o respecto pola contorna natural e dean visibilidade aos espazos e paisaxes que fan de Xove un lugar único.
Premios
O concurso conta cunha categoría única e cinco premios:
1º premio: 120 €
2º premio: 100 €
3º premio: 90 €
4º premio: 75 €
5º premio: 65 €
As fotografías deberán estar relacionadas coa contorna medioambiental do municipio, ofrecendo unha visión persoal e creativa da súa natureza, costa e mar.
Prazo de participación
O prazo para presentar as obras remata o 30 de outubro de 2026.
As fotografías poden entregarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove ou enviarse por correo postal ordinario, indicando no sobre a data de presentación.
As bases completas están dispoñibles na web municipal: www.xove.es
Para máis información, pódese contactar co Departamento de Medio Ambiente no teléfono 982 592 001.
Un convite á participación
Desde o Concello de Xove anímase á cidadanía a participar nesta nova edición e a compartir, a través da fotografía, diferentes miradas sobre un territorio no que a natureza, a costa e o mar son protagonistas.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



