Santiago de Compostela, 7 de febreiro, 2022. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denunciou a exclusión de miles de galegos e galenas no aceso a servizos bancarios. Nun acto, fronte aos caixeiros da central de ABANCA, na Coruña e acompañada dun grupo de persoas maiores, Pontón recalcou que a exclusión financeira de miles de cidadáns en Galiza “ten dúas caras”, por unha banda, no medio rural dende xa non poden acudir a ningunha oficina bancaria e para todas esas persoas para que as novas tecnoloxías estanse a converter nunha carreira de obstáculos.
Por outra parte, subliñou que a exclusión financeira tamén amosa outras caras, “peches de oficinas, encarecemento do cobro por acceder á conta bancaria, realizar transferencias ou xestionar os seus aforros”. Esta exclusión, recalcou, afecta máis gravemente ás persoas maiores ante a posta en marcha de novas tecnoloxías que supoñen outro atranco cando carecen dun teléfono móbil intelixente ou conexión a internet o ben, non teñen ou non saben utilizar un ordenador para pagar un recibo, facer unha transferencia ou simplemente controlar o estado das súas contas.
Para a nacionalista, “o sistema bancario maltrata as persoas maiores no noso país” e faino unha banca que foi rescatada por todos e todas nós, incluídos cos cartos desas persoas maiores, “máis de 90.000 de euros para recatar unha banca que agora os devolve en forma de exclusión financeira”.
Non podemos tolerar, dixo, que as persoas maiores teñan a obriga de adaptarse ao bancos, “son os bancos os que deben adaptarse as necesidades dos nosos e nosas maiores” que merecen un trato humanizado e de calidade. Este, reiterou, “é un abuso que hai que denunciar”.
A portavoz nacionalista considerou que este abuso non se parará mentres continúe a política do goberno de Fáixoo, unha política que respondeu ante a exclusión financeira, “beneficiando con 3 M€ a unha entidade bancaria para instalar caixeiros onde existía unha oficina”. Ao seu xuízo, o que realmente persegue esta medida é “ un efecto chamada para que a banca siga pechando oficinas”.
Dende o BNG queremos denunciar que tras o rescate á banca foron pechadas miles de oficinas e destruídos máis de 5.000 postos de traballo e dende o ano 2009 ao ano 2019 foron pechadas en Galiza máis de 1.200 oficinas. No ultimo ano, engadiu, o peche de oficinas afectou a 189 situándonos na terceira comunidade de todo o estado na que máis oficinas bancarias foron pechadas.
“A Xunta de Galiza non pode seguir regalándolle máis cartos ás entidades bancarias, debe defender os dereitos das persoas e particularmente ás maiores que viven unha situación de maior vulnerabilidade” en moitos casos, pola falta de instrumentos para utilizar as novas tecnoloxías.
Para a portavoz do BNG urxe que a Xunta lidere unha fronte coas organizacións sindicais e sociais, xunto ás asociacións de consumidores para “frear os abusos da banca” e pola parte das entidades bancarias ofrecer un trato humanizado e todos os recursos que precisan. De todos xeitos, dixo, non chega só coa boa vontade, “hai que modificar as leis” para protexer os dereitos das persoas usuarias da banca garantindo o acceso aos servizos sen discriminación, acompañando as reformas dunha iniciativa social para recuperar a “capilaridade do sistema bancario no nos país” recuperando as oficinas pechadas e restituíndo os servizos.
A nacionalista apostou “por unha banca pública galega” para poñer no centro a cidadanía e non “a usura” evitando que unha parte do aforro galego marcha para fóra do noso país. “Cada ano emigran 20 mil millóns de euros de aforro galego”, recursos que deben reverter en Galiza cunha visión de servizo público que debe ser unha obriga para a banca, sentenciou.
Pontón afirmou que resulta urxente acabar con calquera tipo de “abuso bancario” como o cobro de comisións, limitación de horarios ou servizos básicos aos clientes e neste sentido, propuxo impulsar en colaboración co goberno central, concellos e consumidores medidas conducentes a rematar coa exclusión financeira.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



