Foz, 9 de febreiro de 2022. O grupo municipal do Partido Popular leva a iniciativa no Concello de Foz pese a estar na oposición. Nesta ocasión, o goberno seguiu o consello dos populares e decidiu investir a maior parte do que recibe da Deputación pola vía do Plan Único na mellora da moi deteriorada rede viaria municipal. A concelleira popular Verónica soto explica: “O grupo municipal do PP votou a favor do proxecto do Plan Único 2022 do Concello de Foz. E fixémolo porque fomos nós os que aconsellamos ao equipo de goberno que investira a maior parte deses máis de 400.000 euros dos que pode dispoñer o Concello en arranxar as estradas municipais”.
A mesma concelleira declara: “A rede viaria municipal, como puidemos comprobar os concelleiros populares, despois dun control exhaustivo, está en moi mal estado; por ese motivo hai moitas queixas dos veciños e debe investirse en mellorar as estradas”.
Soto indica que os concelleiros populares entenden “que a cantidade que se investirá con cargo ao Plan Único é insuficiente; por iso, o Concello, nos próximos orzamentos, debe dedicar partidas concretas a mellorar as estradas municipais e o centro urbano, no que tamén hai vías en moi mal estado, con fochancas moi grandes”. Este deterioro, din no PP, “débese a que non hai mantemento adecuado, porque o único que se está a facer e tapar as fochancas con medios propios; ás veces incluso quedan peor do que estaban. É una solución totalmente curtoplacista”.
Verónica Soto sinala: “Votamos a favor do Plan Único para Foz porque entendemos que os proxecto incluídos son necesario, pero aínda quedarán moitas estradas por amañar. Esperemos que este Plan Único veña complementado nos orzamentos municipais con partidas directas para acondicionar a rede viaria municipal”.
Os populares destacan que “a Xunta de Galicia ten concedida unha cantidade para amañar camiños rurais, que se pode sumar a este plan”. Soto sinala: “Debemos ser ambiciosos á hora de manter en boas condicións a rede viaria municipal porque supón facilitar a vida aos nosos veciños, especialmente nas parroquias do Concello de Foz”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



