A Mariña, 17 de febreiro de 2022. O Cenima acolleu este mediodía a presentación de afeira.gal, un marketplace de produtos agroalimentarios da Mariña “100% Galicia, 100% local e 100% local”.
Afeira.gal é unha nova forma de mercar os produtos rurais e de proximidade. O obxectivo desta plataforma “é que os produtores e tenda locais poidan compartir con toda España a calidade e os auténticos sabores desta comarca”, segundo explicou Antía Vázquez, de Donapubli.
No acto celebrado este mediodía, a través de dous vídeos, expúxose aos asistentes o funcionamento deste marketplace, a sinxela forma de mercar para os clientes e cómo adherirse ou darse de alta de xeito doado para os produtores e produtoras da Mariña.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, na súa intervención dixo que “hai que aproveitar as oportunidades e todas as axudas que poñen as diferentes administracións ao servizo do comercio para intentar incrementar as vendas a través dos medios dixitais. Temos que estar cada vez máis preto do cliente e traballar para conseguir a súa fidelización”.
Paleo subliñou que “temos que traballar xuntos. O noso obxectivo é poñer a calidade dos grandes produtos que temos na Mariña ao alcance dos clientes en calquera punto España. Recibimos a moitos visitantes nesta comarca en diferentes épocas do ano, que quedan encantados co peixe, co marisco, coa carne, coas hortalizas… e queren seguir consumindo todo iso todo o ano nas súas casas. E aí e onde queremos estar desde afeira.gal”.
Desde a Federación de Comercio A Mariña o seu presidente lembrou que “afeira.gal recibiu unha achega de 48.000 euros da Dirección Xeral de Comercio, á que se suman a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo e tamén o GDR Terras de Miranda”.
A inscrición na plataforma afeira.gal é totalmente gratuíta para os produtores/vendedores que sexan socios de calquera das oito Acias que conforman a FCAM, pero está aberta a todas as empresas da zona relacionadas coa agroalimentación de Galicia. O único que terán que facer será pagar unha pequena cota, como en calquera outra plataforma de venda online ou asociarse á algunha das devanditas Acias.
Para o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, “é moi boa idea dispoñer dunha páxina web para unificar a todos os produtores agrícolas, pequenas familias e empresarios, xente que produce materiais de primeira calidade. Agora estase a falar moito de macrogranxas e o punto contraposto está aquí na Mariña, temos carne de primeira, temos peixe de primeira, temos produtos elaborados como precisamente a tarta da Zapata aquí en Foz, e hai moita xente que nos visita e que nos coñece e que despois quere seguir saboreando os nosos produtos todo o ano. Esta é unha moi boa iniciativa. Hai que agradecerlle a todas as administracións participantes e hai facer comarca igual que facemos co Plan de Sostibilidade Turística da Mancomunidade, que conta cun apartado para o turismo agroalimentario, igual que fixemos tamén co programa Degusta A Mariña, que tamén tivo gran acollida, e agora unha páxina web na que poidamos mercar desde os nosos fogares e nos chegue á porta da casa simplemente usando o teléfono móbil é unha gran nova”.
Cajoto animou “aos produtores a que se sumen, a que non deixen de subir os seus produtos e a actualizar e que funcione ben. Estas ferramentas están moi ben pensadas e ben ideadas, pero despois hai que darlles contido, ten que funcionar todos os días do ano e iso xa é un traballo arduo de todos os participantes. Temos que darnos a noraboa, pero non durmirnos para que A Mariña siga medrando”.
Ao acto desta mañá asistiron o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, que dirixiu unhas verbas aos asistentes; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas; o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez. Deputados autonómicos e provinciais, representantes das Acias da Mariña e empresarios tamén se deron cita no Cenima este xoves.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



