Lourenzá, 4 de marzo de 2022. O Concello de Lourenzá conmemorará o Día da Muller cunha andaina e un café coloquio, actividades que se celebrarán o vindeiro martes, 8 de marzo.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia: “este ano imos facer unha andaina que leva por nome o lema Camiña con elas e que fixemos coincidir co percorrido da audioguía ficcionada Paisaxes da memoria, de Francisco Fernández del Riego, que discorre polas rúas de Vilanova de Lourenzá. Ao remate deste paseo celebrarase un café coloquio entre mulleres na sala de Servizos Sociais do Torreón dos Frades. O longo desta xornada compartiremos experiencias e vivencias de distintas mulleres, coas que queremos visibilizar a importancia que ten a muller en todos os eidos desta sociedade”.
A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, destaca que “o 8M é unha celebración que ten como obxectivo profundar na importancia da igualdade de xénero e de oportunidades entre todas as persoas, mulleres e homes”.
@s interesad@s en participar deberán anotarse nas oficinas dos Servizos Sociais en horario de 10:00 a 13:00 ou no teléfono 982.121.036. O prazo remata o vindeiro luns, 7 de marzo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



