BURELA .- No parque que leva o seu nome, en Burela, xuntáronse un grupo de persoas para homenaxear a Rosalía de Castro no 125 aniversario da morte da poeta. Na organización do acto implicáronse as asociacións Francisco Lanza, de Ribadeo; Ollomao, de Barreiros; Pomba do Arco,de Foz; Buril, de Burela; MariñaPatrimonio; Arrincadeira, de Riotorto; Milleiro, de Ourol; Irmandade San Caetano, de Celeiro de Mariñaos; Mardouro, de O Valadouro; Anduriña, de San Cibrao; e Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Nota de Prensa
Ontem, às 20h00, tivo lugar em Burela um acto de homenagem a Rosalia de Castro no parque que leva o seu nome, organizado polas associaçons marinhás Francisco Lanza de Riba d’Eu, Ollomao de Barreios, Pomba do Arco de Foz, Buril de Burela, Arrincadeira de Rio Torto, O Millerio de Ourol, Irmandade San Caetano de Celeiro de Marinhaos, Mardouro do Valadouro, Anduriña de San Cibrao, Mariña Patrimonio e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Este acto foi organizado para comemorar o 125 aniversário da morte da escritora de Padrom ao tempo que para reivindicar a reabertura e carácter laico do Pateom de Galegas e Galegos Ilustres de Sam Domingos de Bonaval, onde se encontram os restos mortais de Rosalia e Castelao entre outros. Neste sentido, os organizadores mostrarom-se satisfeitos, logo de conhecerem a notícia da reabertura do Panteom, trás assinarem o Governo galego e o arcebispado de Compostela um convénio para o seu uso no mesmo dia de ontem, ainda que manifestarom que continuaram a reclamar o carácter laico do Panteom.
O movimento associativo marinaho de base, quijo com este acto dignificar, divulgar e pôr em valor a obra da escritora, e contarom para o evento com a presença da música da Banda de gaitas Dambara de Burela, assim como com três pessoas convidadas que pugerom voz a distintos textos de Rosalia.
Eles forom o escritor e jornalista Miguel Sande, quem partilhou com Novoneyra a directiva da AELG (Asociación de Escritores en Língua Galega) a finais dos 80 e primeiros 90. Tem libros publicados de poesia, romance e teatro, género este último no que tem recebido vários prémios, como o Rafael Diste. Sande mostrou a sua surpresa por termos que assistir, em pleno século XXI a actos como este para reivindicar a figura de Rosalia e a reabertura do espaço em que se encontram os seus restos.
Também assistiu a tradutora e jornalista Olga Castro, quem colabora com distintas universidades e meios de comunicaçom e desenvolve estudos de investigaçom em temáticas como ideologia na traduçom, linguagem nom sexista e traduçom e teorias feministas entre outras. Alias, forma parte do Obervatorio da Mariña pola Igualdade. Castro, quijo reivindicar a Rosalia mais comprometida com os problemas sociais e de género e deu leitura a distintos textos em prosa da autora.
O artista barreirense Celso Dourado foi o último em pôr voz aos poemas de Rosalia. Dourado é um reconhecido artista marinhao, que para além das suas qualidades criativas visíbeis na sua magna obra Eido Dourado, tem-se destacado no seu compromiso social com os problemas que afectam à Marinha. Dourado quijo concluir com um poema do livro Cantares Gallegos, do que formam parte estes conhecidos versos da autora:
Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española
Qu’España de ti s’olvida
cando eres ¡ai! tan hermosa.
A agrupaçom musical burelá Dambara fechou a leitura dos textos de Rosalia com a interpretaçom dumha peça tradicional. Os organizadores concluírom o acto agradecendo a presença a todos e todas as assistentes e convidando-os a participarem no Acto cívico e reivindicativo organizado pola Asociación de Escritores en Língua Galega que terá lugar o próximo xoves, 15 de xullo, em lembrança do traslado dos restos mortais de Rosalia de Castro de Padrom a Compostela.
Já no fim do acto, os músicos de Dambara interpretarom o Hino Galego, que foi entoado polas pessoas assistentes.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



