Ribadeo, 11 de marzo de 2022. Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia do pai neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 premios, 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a escoller entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os establecementos terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo para entregárllelas por cada compra realizada entre os días 12 e 20 de marzo. As rifas están numeradas do 0 ao 5.000. Para participar no sorteo deberase realizar unha compra en calquera dos locais asociados a Acisa Ribadeo, sen importe mínimo establecido. Cada local contará con 50 rifas para repartir entre a súa clientela. As papeletas deberán estar seladas por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira”.
Pérez Prada sinlou que “nesta ocasión sorteamos 3 premios diferentes: 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a elixir entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra. O sorteo non será presencial. Realizarase a porta pechada nas oficinas de Acisa Ribadeo o 21 de marzo, mediante un sistema de xeración de números aleatorios, de xeito individual cada un deles. O sorteo será emitido a través do facebook da asociación e despois Acisa dará a debida publicade do resultado mediante un comunicado, en redes sociais, na nosa web, en prensa escrita e dixital e nas radios”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “os gañadores dos premios coas rifas agraciadas no sorteo terán ata o dia 27 de marzo para presentarse nas oficinas de Acisa a recoller o premio, de non facelo perderán o dereito e considerarase como deserto. Si quedase algún premio deserto o dia 28 de marzo farase un segundo sorteo coa mesma mecánica e haberá un segundo prazo de recollida ata o 4 de abril”.
Iriarte Quintana engadiu que “optamos por estes premios porque nos parece unha boa forma de fomentar as compras entre os mais xoves, ofrecéndolles a posibilidade de gañar un premio como pode ser a experiencia de conducir un vehículo de alta gama, actividades de aventura, etc”.
Presidente e xerente de Acisa inciden “na necesidade de seguir apostando polo comercio local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as nosas celebracións familiares”.
Acto deste sábado
Jesús Pérez tamén se referiu ao acto que se celebrará mañá, sábado, no Concello de Ribadeo: “aquelas persoas que desexen ver o acto de entrega do galardón a toda unha carreira, que lle imos entregar a María Josefa Peña, de Mercería Vizcaya, poderán facelo a través das redes sociais de Acisa, xa que se emitirá en streeming. Foron moitas as persoas que nos pediron poder acompañar a esta empresaria recentemente xubilada neste día tan especial, pero debido á prudencia que aínda debemos manter neste tipo de actos o acto será a porta pechada e con aforo limitado. De aí que vaiamos emitilo polas redes sociais”.
Todo está preparado para a celebración deste acto, que dará comezo ás 11:30 horas no salón de plenos do Concello de Ribadeo, onde tamén formalizaremos a adhesión de Acisa á COCAHI.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



