Hai xa tempo (dende decembro de 2019) que os papeis correspondentes á creación da Asociación pro maiores José María Rodríguez están feitos. Dende aquela, tentouse deixar unha estrutura comunitaria de apoio ós nosos maiores en Ribadeo. A idea era comezar axudando na daquela recén ianugurada residencia ribadense, prolongando tamén o contacto dos residentes coa sociedade da que saen e que contribuíron a crear, co pobo.
Aqueles intentos non chegaron, polo momento, a bo fin. A colaboración público-comunitaria cesou ó poñerse en marcha a residencia. De feito, nin sequera se revisaron, como se dixo de palabra en pleno, os regulamentos de funcionamento, que no seu momento se estimou que tiñan lagoas que conviña corrixir.
O caso é que, tempo despois, a nova residencia de maiores de Ribadeo é un lugar que pasou de ser transparente e visitable antes da apertura a ser infranqueable pola covid e da que no exterior hai poucas novas. E iso lamentamos ó saber dalgunhas cousas como a incidencia da covid ou conflitos co persoal.
A incidencia da covid, despois dunha nota de prensa sobre un único caso, quedou reducida a rumores no pobo sobre algún caso máis. Hoxe chegou ás miñas mans un relato que cifra en doce usuarios e cinco empregados o número de casos dun brote habido hai non tanto tempo. O brote que viría a coincidir no tempo co fin da vida dunha persoa moi coñecida o pasado día 24, Lita. E a representar unha incidencia no centro, no seu momento, moito maior que a que tiña Ribadeo en conxunto. Algo que debera ter sido noticia e transcendido como información.
Tamén recibo a noticia de varias demandas de traballadores da residencia durante o ano pasado, que se non chegaron a xuízo foi por terlles indemnizado a empresa empregadora en diferentes momentos por acordo. Acordos que inclúen cantidades ben específicas: 5000 €, 2000 €, 4000 €… e que, naturalmente, ó provir os cartos de funcionamento da residencia das administracións, rematamos pagando todos. Aínda que sexa máis importante os feitos que deron lugar a que se deran esas indemnizacións, pois aínda que son cantidades non desprezables, o custe de funcionamento anual da residencia multiplica moitas veces esas cifras.
Facendo un pequeno inciso, agora a xestión dos traballos diarios é levada a cabo por CK Senior Gestión, SL, empresa que xestiona centros e ten tamén residencias propias. Accedeu a levar a residencia ribadense despois de serlle cedido o desempeño a comezos do pasado ano por CLECE -non transluciron os motivos-, que obtivo á súa vez o contrato despois de recurso ante unha primeira decisión de concesión a Mensajeros de la Paz.
O caso é que en pouco máis dun ano teríanse producido varios enfrontamentos con traballadores, e preto de vinte casos de covid sen que translucira nada ó exterior. A raíz diso, coido que non estaría de máis facer un seguimento de como se están a desenvolver os protocolos de trato ou sanitarios para corrixir posibles actuacións non desexables. Máis aínda cando na residencia téñense dado casos de baixa por depresión e outros desencontros laborais, e, a continuación das indemnizacións, parece que houbo unha suba xeneralizada de emolumentos. Unha residencia que, lembremos, foi pedida e prevista como solución para os nosos maiores, non como negocio nin como algo opaco.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



