Burela, 29 de marzo, 2022. O Pescados Rubén Burela anuncia o nomeamento de Rafa Merino como primeiro adestrador tras a marcha de Alberto Riquer. A duración por esta designación como técnico principal, será ata final de tempada. O Club confía en Rafa Merino, que xa tivo un bo desempeño en Esportiu Rubí FS como coordinador da base ademais de conxuntos sénior e no Birmingham da liga inglesa como adestrador.
O Club encoméndase no adestrador tarrasense co ánimo de mellorar na última fase de competición.
É obvia a ardua situación dos laranxas en liga, que figuran como pechacancelas na clasificación, con todo, a pesar deste feito, como manifestou a directiva, confía plenamente nas capacidades de Rafa Merino, pois é unha persoa que durante a estancia con Ríquer demostrou moito traballo, e que durante os últimos dous partidos que o equipo quería loitar e gañar. Tamén é de destacar o apoio que brinda a directiva ao adestrador, pois esperan que consiga os mellores resultados posibles de aquí a final de tempada.
Doutra banda, a perspectiva de Rafa Merino ante un reto difícil, é que “se ve con fuerzas” e “con apoyo del Club y la gente”, “con ganas de intentar cumplir el objetivo”. É evidente o máximo compromiso e traballo que vai achegar ao Club ata final de tempada.
Con nove xornadas por diante, o equipo buscará dalo todo por sacar puntos en cada partido, empezando contra o Jimbee Cartagena despois deste pequeno parón.






















Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



