Burela, a 31 de marzo de 2022. O Grupo Municipal Popular de Burela propón a execución dun proxecto de restauración e posta en valor da casa do caminero, unha vivenda que forma parte da historia da nosa vila.
Os populares defenderán no vindeiro pleno que se recupere de forma que poida ser empregada para usos sociais, culturais, formativos ou divulgativos. “É un ben de titularidade municipal e, polo tanto, é obriga do Concello protexelo e coidalo”, sinala o voceiro, Manuel Rouco.
Rouco que subliña que “está caendo a cachos” e, polo tanto, lamenta a “deplorable imaxe” que supón o seu mal estado para as persoas que visitan Burela porque “é a primeira casa que se encontran na entrada á vila vindo dende o veciño concello de Cervo. Desafortunadamente, o seu estado é un bo reflexo da situación na que se atopa a Burela de hoxe en día”, conclúe.
Apoio na defensa e conservación dos emblemas da vila
Os populares agardan, nesta ocasión, que “a diferenza do que fixeron ao longo deste mandato, o goberno do señor Llano teña a ben apoiar esta iniciativa do Grupo Municipal Popular para a defensa e a conservación doutro emblema da rica historia da nosa vila”.
Rouco lembra que “recentemente se opuxo á homenaxe pública a Arcadio Pardiñas, unha figura que asentou xunto ao resto das persoas que formaban as corporacións presididas por el mesmo, os cementos da Burela actual”. E, así mesmo, “o goberno do señor Llano tamén se opuxo á reciclaxe de todo ou parte do molde do actual faro de Burela e situalo na rotonda de entrada da nosa vila dende o concello de Foz”.





















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



