Cervo, 01 abril de 2022. O concello de Cervo vai renovar o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao.
O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, e a concelleira de obras, Mali Méndez, desprazáronse ata a localización onde se levará a cabo esta actuación.
O proxecto da obra contempla a consecución dunha renovación completa do acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao, executando o saneamento da fachada e acabando unitariamente a edificación.
A renovación acometerase en tres puntos esenciais, que son a fachada principal, o paramento vertical exterior e os aleiros laterais e exteriores.
O orzamento desta actuación elévase ata os 48.140 euros.
O rexedor, Alfonso Villares, salientou que “a Casa do Mar é unha instalación capital no noso municipio, albergando, en primeiro lugar, a Escola Infantil Municipal, acollendo tamén varias das actividades enmarcadas nas Escolas Deportivas Municipais e sendo o berce e o motor de moitas asociacións da nosa vila, que desempeñan alí labores culturais e sociais”.
Segundo o alcalde, “con esta actuación melloramos unha infraestrutura municipal que redunda no beneficio de toda a veciñanza, posto que alí se prestan servizos á poboación ao longo de todo o ano”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



