Madrid, 13 de abril de 2022. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas para que o Goberno do Estado realice as xestións e trámites para dotar aos partidos xudiciais de Viveiro, Vilagarcía de Arousa, Ribeira e Carballo dun novo xulgado de primeira instancia e instrución. A organización nacionalista demanda non suprimir os partidos xudiciais existentes na Galiza e tamén non reducir as competencias dos mesmos na actualidade para garantir unha boa atención xudicial para os galegos e galegas para atender todo o volume de asuntos.
De 2010 a 2018 non se crearon xulgados novos na Galiza fóra das novas unidades nas cidades de Ourense, Ferrol, Vigo e A Coruña e, paralelamente, tampouco os partidos xudiciais das localidades galegas experimentaron algunha clase de variación no número de xulgados. Unha realidade que, no BNG consideran preocupante e unha “clara expresión da estratexia dos diferentes Gobernos do Estado que ten por obxectivo a concentración dos servizos xudiciais nas sete cidades máis poboadas da Galiza”.
A situación de desatención no resto de partidos xudiciais está abocándoos á súa extensión que mesmo se reflicte na comunicación emanada polo Consello Xeral do Poder Xudicial, en cumprimento da Lei de Planta e Demarcación Xudicial. Neste escrito asinado na sesión do 26 de febreiro de 2021, o organismo estatal estabeleceu a necesidade de crear diversas unidades xudiciais en varios partidos xudiciais da Galiza. “A creación do xulgado mixto número tres en Viveiro e o número catro tanto en Vilagarcía de Arousa, Ribeira e Carballo” explica o deputado.
“A Xunta de Galiza non recolleu nin asumiu a proposta realizada” denuncia Néstor Rego sabendo que é un dos requisitos que se precisan para que o Ministerio de Xustiza redacte a correspondente disposición normativa e procederá á tramitación do ou dos proxectos.
Mentres a Administración galega evadía a súa responsabilidade, o Goberno do Estado unicamente acordou ampliar a administración de Xustiza na Galiza cun novo xulgado na cidade da Coruña. Ademais, lembra que o Goberno ten pendente aínda cumprir co compromiso de ampliar o número de xulgados de violencia de xénero na Galiza e, en concreto, de maneira urxente, en Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.
En definitiva, o Goberno non pode desatender as necesidades e servicios xudiciais na Galiza, e deben dotarse con urxencia, cando menos, os partidos xudiciais de Viveiro, Vilagarcía de Arousa, Ribeira e Carballo cun novo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. “Os xulgados mixtos de Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Viveiro e Carballo presentan unha taxa de conxestión superior á media galega e á estatal, incompatíbel cunha adecuada prestación de servizo público, e cun ingreso de asuntos na vía civil superior ao módulo aprobado” afirma o deputado do BNG.
“Tamén queremos saber se entra nos plans do Goberno a supresión dos partidos xudiciais actualmente existentes en Galiza ou a redución de competencias para a celebración de vistas e práctica de dilixencias e actuacións nas actuais sedes dos Partidos Xudiciais existentes” explica Rego. Para o deputado, existen necesidades estruturais nos partidos xudiciais da Galiza polo que “é urxente a realización de melloras na planta xudicial que permitan unha adecuada xestión xudicial para a cidadanía galega”.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



