Cervo, 19 de abril de 2022. A delegación de Cultura do Concello de Cervo celebra un concurso en conmemoración do Día do Libro, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de abril.
Os participantes estarán divididos entres categorías diferentes en función da súa idade.
Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas.
Os nenos e nenas comprendidos entre os 7 e os 11 anos, terán que continuar a seguinte historia: “Iria era unha nena que vivía nun castelo. Tiña de todo: roupa á última moda, unha piscina xigante, un parque, unha sala de cine… Pero, aínda así, sempre estaba enfadada co mundo…”
Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “As cousas poderían suceder de calquera outra maneria mais o que pasou foi…”
Os traballos deberán enviarse mediante unha foto ao correo electrónico cervocultura@gmail.com ou a través do whatsapp do teléfono 683315939 ata o sábado 23 de abril ás 23:59H.
Deberán conter nome e apelidos do participante, idade, teléfono e correo electrónico. No caso de ser menores de idade, o nome e a idade dos participantes deberán ir acompañados do nome e do teléfono do pai/nai/titor/a.
Os traballos gañadores serán elixidos por un xurado formado por tres persoas e serán publicados o luns 25 de abril nas redes sociais do Concello de Cervo.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



