Foz, 21 de abril de 2022. Este sábado, día 23, conmemórase o Día do Libro, para o cal o Concello de Foz organiza diversas actividades durante as dúas últimas semanas de abril. E o domingo haberá un concerto solidario a prol do pobo ucraíno.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o día 23 as librerías focegas sacarán os seus libros á rúa e compartirán cultura nas casetas instaladas na praza da Glorieta de Vilalba. Alí poderá achegarse todo o mundo para mercar as novidades editoriais así coma os clásicos. Ás 18 horas o contacontos Pablísimo ofrecerá un espectáculo para os máis pequechos da casa na mesma praza da glorieta de Vilalba, actividade que en caso de choiva se trasladará á Biblioteca Municipal Salgado Toimil. Continuando coas nosas letras, o sábado 30 será a escritora Andrea Maceiras a que se achegará a Foz, ás 12 horas na Casa da Cultura. Con ela faremos unha viaxe literaria pola selva de palabras e achegaranos ao mundo dunha escritora. Tamén asinará libros a todos aqueles que o desexen”.
O domingo 24 será a quenda da música. A aula coral da Escola de Música Municipal Arcadio Mon ofrecerá a todos aqueles que se acheguen á Igrexa parroquial de Foz a partir das 17.30 horas un concerto solidario a prol do pobo ucraíno, “que está a sufrir a barbarie dunha guerra inxusta e arbitraria”. Tódalas doazóns recadadas serán entregadas á ONG ACNUR. Este concerto está organizado pola Escola de Música, o colectivo MOVART e o Concello de Foz. O alcalde, Fran Cajoto, agradece ao director da Escola de Música, Felipe Sánchez, “a implicación e a iniciativa para facer este gran acto solidario, de axuda e de apoio a un pobo que sofre os efectos dunha invasión cruel e devastadora. A linguaxe universal da música vai falar o domingo, parabéns!”.
Inés López explica que “para o Concello é máis que positivo colaborar con todos aqueles que manteñan inquedanzas culturais, aportando ao pobo e sementando cultura, moi necesaria en tempos coma os actuais. É imprescindible achegar os libros aos máis pequenos e que se beneficien do marabilloso hábito da lectura, para o que contamos coa colaboración das librerías de proximidade.”
No evento do sábado 30 con Andrea Maceiras, o Concello de Foz sorteará dous lotes de libros entre todos aqueles que se acheguen á Casa da Cultura.
Fran Cajoto invita a todos a achegarse a Foz: “animo a veciñas, veciños e visitantes a participar da cultura focega nesta fin de semana. A cultura, en calquera formato, é sempre a mellor opción”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



