Foz, 22 de abril de 2022. O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, non acaba de entender que a realidade é a que é independentemente de que lle guste máis ou menos. No caso da Residencia da terceira idade, Cajoto intenta pintar a realidade como mellor lle parece da maneira máis prepotente. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Cajoto coas súas declaracións e a súa actitude despreza a toda aquela xente que participamos durante varios anos na construción e posta en servizo da Residencia de Foz; tamén aos que levan traballando por ese bo servizo nestes últimos anos, especialmente en momentos difíciles, como os provocados pola covid. Cando algo está ben non hai que cambialo, simplemente hai que intentar deixalo como está, como no caso da Residencia de Foz”.
Castiñeira declara: “Se o señor Cajoto pasa a Residencia á Xunta de Galicia, as listas de espera serán listas de espera autonómicas e os contratos para as concesións levaranse dende Santiago e non dende Foz; polo tanto, perderíase a prioridade dos veciños de Foz para entrar na Residencia e os traballadores actuais non poderán seguir coa mesma concesionaria”.
Os populares piden ao alcalde “que recapacite e que non actúe de maneira prepotente, que conte coa xente de Foz, cos colectivos que loitaron para que o municipio teña este servizo de primeira; non entendemos esa forma de falar e de desprezar á residencia, cando noutro concello próximo, o de Ribadeo, que ten unha residencia, que fixo a Deputación de Lugo, similar a de Foz, o alcalde non se queixa do tamaño nin do servizo”.
Parece cre que “ao señor Cajoto non lle gusta que esta residencia de Foz fora xestionada polo PP; cremos que é un dos motivos, porque non entenderiamos que fora solo por aforrar cartos en axudas, en aforrar nunha Residencia que é de Foz e, polo tanto, o Concello de Foz debe seguir participando”.
O portavoz popular sinala: “Esperamos que recapacite o señor Cajoto, que non bote a culpa aos demais, como fixo cos hostaleiros e os xubilados, e como fai con cantidade de persoas que petan a súa porta, que a pecha por non querer xestionar nada”. Engade: “Vemos que todo o que non vai na súa idea trata incluso de desprestixialo. O PP sempre lle dixo ao señor Cajoto nestes tres anos que non ceda a residencia á Xunta”. Destaca que “as trampas do señor Cajoto”, que “intentou colar nun pleno, no que ía a renovación da concesión, a cesión á Xunta de Galicia; o único que conseguiu foi crispar”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



