Ribadeo, 29 de abril de 2022. O vindeiro 7 de maio arrincará O Renacer do Cantil, un programa de actividades que se desenvolverá durante as fins de semanas dos meses de maio e xuño e no que a natureza será a protagonista. O obxectivo da Concellaría de Turismo é a desestacionalización e ofrecer novas propostas aos visitantes, que poderán beneficiarse dos seus efectos positivos.
O 7 de maio ás 19:00 horas na Illa Pancha terá lugar O Bardo do Cantil. O actor e guía turístico Suso Martínez proporalles aos asistentes unha viaxe imaxinaria, unha declamación pondaliana en clave mitolóxica. Será un relato, acompañado pola música do grupo tradicional Illa Pancha, no que o universo mítico dos cantís e do mundo celta serán os protagonistas.
Arrolos do cantil é o nome da actividade programada para o 14 de maio en Piñeira ás 11:30 horas. Será impartida por Vanessa González, de Siete ranas verdes, que é profesora de ioga e guía de baños de bosque. Trátase dunha actividade que persegue o benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar. O número de prazas é de 20 e recoméndase aos asistentes acudir cunha mantiña.
O 15 de maio haberá Tai Chi no Cantil no Cargadoiro de 11 a 13:30 horas. Héctor Peña introducirá aos asistentes no universo desta arte marcial que propicia a calma e o equilibrio interior a través dunha charla inicial, que dará paso á práctica das Oito Xoias e rematará cunha demostración das formas de Tai Chi.
O 22 de maio terá lugar A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza propón a partires das 11 da mañá un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios. Será en Piñeira.
E o 28 de maio desenvolverase a Xeoruta dos Pregues, a cargo de Fran Canosa. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos. O percorrido dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira.
A participación en todas estas actividades é gratuíta. As persoas interesadas en acudir poden anotarse na páxina web de Turismo: http://turismo.ribadeo.gal
Para xuño están programados Baños de cores, Artesanía de namorar, Arte no Cantil e mapas sonoros (taller para nenxs) e tamén espectáculos ao aire libre a cargo de Os Quinquilláns Teatro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


