Ribadeo, 2 de maio de 2022. O Concello ven de solicitar unha axuda ao goberno do Estado para a rehabilitación do edificio municipal que estivo a ser utilizado durante moitos anos como sede do xulgado de paz de Ribadeo. O proxecto integral para o acondicionamento e rehabilitación enerxética dese edificio ascende a 296.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que si o Estado lle outorga esa axuda ao Concello ese inmoble sería novamente a sede do xulgado de paz e o que o Concello vai recibir en permuta en pouco tempo, na Praza de Abiaxo, quedaría para outros usos sociais e municipais.
O rexedor explicou que “recentemente presentámoslle ao goberno do Estado unha solicitude de axuda ao abeiro da convocatoria de axudas a Concellos para a rehabilitación de edificios públicos (PIREP. Estas axudas baséanse especialmente na eficiencia enerxética e na accesibilidade en edificios públicos. Por iso, vimos unha boa oportunidade para rehabilitar o edificio municipal que estivo sendo utilizado durante moitos anos como sede do Xulgado de Paz de Ribadeo”.
Suárez Barcia lembrou que “este edificio presenta actualmente unhas gravísimas deficiencias que o imposibilita para prestar ningún servizo público. O edificio, durante moitos anos, estivo cedido para sede do Xulgado de Paz, pero en materia xudicial o seu persoal, etc. son competencia e responsabilidade da Xunta de Galicia. Xa hai varios anos, tentamos pedir axuda para a súa adecuación, rehabilitación, pero o que nos chegou ofrecer o conselleiro Alfonso Rueda, que en breve será presidente da Xunta, foron migallas pois non chegaba ao 15% de todo o seu custo que daquela proxectamos nuns 180.000 euros. De aí que renunciásemos a levar adiante esta actuación por considerala moi gravosa para o Concello”.
O alcalde de Ribadeo seguiu a relatar que “tempo despois quixemos buscar unha solución digna para o Xulgado polo que optamos por darlle este uso ao edificio situado tamén na Praza de Abaixo e que recibiremos como permuta pola pequena parte que o Concello tiña na Torre dos Moreno. E agora á vista destas convocatorias de fondos europeos que canaliza o Estado, quixemos presentar un proxecto serio baseado nestes criterios da convocatoria: o acondicionamento e rehabilitación enerxética do edificio do antigo Xulgado de Paz de Ribadeo”.
Fernando Suárez subliñou que “o proxecto integral que agora presentamos ascende a practicamente 300.000 euros e tería que estar rematado en setembro de 2024. Contémplanse ambiciosas partidas para substitución da cuberta, dos pavimentos interiores, instalación de ascensor, revestimento exterior de fachada, instalación de illamentos térmicos, substitución de carpinterías exteriores, nova compartimentación interior adecuada as necesidades funcionais e adaptación das instalacións ás necesidades modernas dunha administración dixital”.
E engadiu que “se finalmente nos outorgan esta importante axuda, a intención do goberno municipal sería a de manter este nobre e simbólico edificio municipal como sede do Xulgado de Paz, quedando o outro inmoble que imos recibir en permuta en pouco tempo para outros usos sociais e municipais. Confiemos ser merecedores desta axuda por parte do goberno do Estado”.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



