A proba conta con cinco treitos cronometrados en Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo, que se disputarán o sábado
Muras, 10 de maio de 2022. Esta tarde presentouse en Muras a cuarta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro,onde se situarán o parque de reagrupamento (na zona do Grallal, Covas) e o parque de asistencias (Lavandeiras, Celeiro).
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 24.000 euros para a organización da proba, a terceira no calendario do Campionato Galego de Rally de Asfalto, que conta con 88 equipos inscritos, a mellor cifra de participación das edicións celebradas, incrementando notablemente a da pasada edición -na que se anotaran 67 equipos-.
Entre os participantes figuran 14 equipos da Mariña e Ortegal, tres deles debutantes nunha proba desta categoría. Ademais da representación local, destacan nomes como o de Víctor Senra, Alberto Meira ou Alberto Nimo, os tres primeiros clasificados do Campionato Galego despois de disputárense dúas probas.
Na presentación, o deputado de Deportes, Efrén Castro, saudou o crecemento “do Rally da Mariña polo que apostamos desde o inicio da lexislatura desde a Vicepresidencia da Deputación pensando en cubrir un oco que ata daquela estaba baleiro, dando a oportunidade de competir na casa aos equipos da comarca”.
Nesa liña, Efrén Castro destacou “que “o feito de que a proba forme parte do calendario galego é un aliciente para que se acheguen ata a comarca afeccionados e afeccionadas ao rally de toda Galiza, para desfrutar do espectáculo deportivo e tamén dos recursos patrimoniais e naturais de todos os concellos implicados neste evento”.
O responsable provincial enmarcou o apoio ao Rally da Mariña nas iniciativas que se desenvolven desde a Vicepresidencia para a promoción do automobilismo, con achegas económicas as principais probas, bolsas para pilotos e o Volante Deputación, dirixido á formación.
Ao acto de presentación, que se celebrou na área recreativa da Veiga, en Muras, participaron tamèn o presidente da escudería organizadora da proba MixRallySports, Ignacio Dávila, a directora técnica da carreira, Maite Vilanova, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, o concelleiro de Deportes de Muras, Mario Rouco, e o tenente alcalde de Viveiro, Suso Fernández, así como algúns dos pilotos que competirán na proba.
O Rally da Mariña Lucense decidirase nun total de 106,80 quilómetros cronometrados, en cinco treitos por estradas asfaltadas pechadas ao tráfico, que se disputarán o sábado, cos seguintes percorridos:
Ourol
A diferenza do ano pasado, este treito trascorre integramente por Ourol. Sae de Xerdíz, á altura da Igrexa de Santa María de Xerdíz, e conclúe en Ucheiras, tras pasar por Souto Chao, Os Currás, A Revolta, Vilachá, A Carballeira, As Rabiñas, O Cochón e As Fragas.
Muras
Arranca desde o centro mesmo de Muras, e fai un percorrido moi similar ao do ano pasado, pasando por A Picheira,O Coto, Rego da Parede e A Abidueira, para rematar en A Armada
O Vicedo
É un dos dous treitos históricos do rallye, mantendo o mesmo trazado desde a primeira edición. Comeza na Avenida Deputación e pasa por A Poceira, Crecide, A Pena e A Palloza, rematando no Folgueiro.
Cervo
O punto de saída do treito estará diante da fábrica de Sargadelos. Os coches pasarán por As Fábricas, A Igrexa e Gondrás, par acabar no Castelo.
Xove
Arranca en Camiño Real, diante do Concello, e pasa por Os Cainzos, O Rego, Os Carballás, Laguela, Aceveda, Camba, Fontaelo,Toimil e Xuances, para acabar no Monte do Golán, baixando cara Area.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



