Viveiro, 19 de maio, 2022. A xestión sostible do eucalipto representa unha oportunidade nas zonas húmidas da Península Ibérica, no marco da bioeconomía. Como reflicte o informe forestal do eucalipto en Galicia e na Cornisa Cantábrica, editado pola Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (Cose), o eucalipto proporciona unha materia prima renovable que, ambientalmente, presenta especial interese para mitigar o cambio climático.
A Asociación Forestal de Galicia, PROMAVI e Promagal organizaron hoxe en Viveiro unha reunión de Promas da Mariña para abordar o futuro da especie no marco da bioeconomía. Na reunión, constatouse o compromiso dos propietarios forestais na mellora da xestión dos montes de eucalipto, con mellora da súa biodiversidade e do seu manexo, para asi reforzar os servizos ambientais que xa presta o eucalipto. O acto serviu tamén para presentar o informe forestal do eucalipto e na Cornisa Cantábrica.
O informe subliña que os montes de eucalipto aportan á contabilidade de CO2 de España a fixación de arredor de 65,2 millóns de toneladas de carbono, das que máis da metade corresponden a Galicia e arredor de 9 millóns de toneladas de CO2 á Mariña lucense. A especie destaca por ser unha das que máis carbono absorbe da atmósfera, pois por exemplo, nos seus primeiros 20 anos, un pé de eucalipto capta oito veces máis carbono que un carballo, segundo os datos do Ministerio de Transición Ecolóxica.
A esta capacidade súmase o feito de que os materiais derivados do eucalipto (madeira, papeis, fibras, etc.) substitúen a produtos de orixe fósil, como os plásticos, o formigón ou o aceiro, cunha pegada de carbono superior, como se detalla no informe.
Unha terceira cuestión ambiental a ter en conta é que o consumo de madeira europea contribúe a reducir a potencial importación de deforestación de países do Sur, pois mentres Europa é un continente que continúa aumentando as súas masas forestais de xeito progresivo, garantindo o seu aproveitamento sostible, o manexo forestal noutros continentes carece desas garantías.
Conclusións do informe
O informe forestal do eucalipto en Galicia e na Cornisa Cantábrica centrouse en sintetizar os datos científicos dispoñibles sobre o eucalipto, procedentes de multitude de publicacións científicas das últimas décadas. Esa análise repasa tódalas cuestións candentes (eficiencia da especie no uso da auga, biodiversidade, solo, incendios, etc.) e permite concluír que unha xestión sostible do eucalipto ten efectos positivos sobre o medioambiente. Desmóntanse así numerosos mitos que existen sobre a especie.
En concreto, o informe analiza a sostibilidade do eucalipto en diferentes eixos:
Sostibilidade ambiental. O manexo das plantacións de eucalipto é compatible coa conservación da biodiversidade. En Galicia e noutras comunidades autónomas do Norte peninsular, os bosques de frondosas caducifolias medraron en paralelo á expansión do eucalipto.
Só en Galicia, no periodo 1997-2009 (entre os dous últimos Inventarios Forestais Nacionais), a superficie de frondosas caducifolias aumentou un 10% (+ 42.000 hectáreas), principalmente en Ourense e no interior de Lugo e Pontevedra. O mesmo sucedeu noutras comunidades, como o País Vasco, onde medrou a superficie de frondosas un 12%. Cómpre lembrar que en Galicia, por lei, xa estaba prohibida antes da actual moratoria a sustitución de masas de frondosas caducifolias por eucalipto.
Sostibilidade económica e social. Máis de 150.000 propietarios galegos e comunidades de montes cultivan eucalipto. As cortas de eucalipto, que acadan na comunidade 5,6 millóns de metros cúbicos (1 millón destas toneladas na Mariña lucense), representan uns ingresos de arredor de 162 millóns de euros. Calcúlase que o eucalipto dá emprego directo a arredor de 4.800 persoas en Galicia.
Compromisos dos propietarios
O informe forestal sobre o eucalipto desmonta o mito sobre os supostos riscos asociados á especie e centra a cuestión: o risco non é a especie, senón a falta de xestión do monte ou un mal manexo técnico. Por iso, as asociacións de propietarios forestais están comprometidas en optimizar o seu cultivo, integrándoo en paisaxes rurais máis resilientes ós incendios e ós riscos asociados ó cambio climático.
Unha aposta clara a partir de agora vai ser a combinación de plantacións de eucalipto con franxas de frondosas caducifolias alí onde tecnicamente sexa aconsellable (vagoadas con regatos, entorno de vivendas e núcleos de poboación, proximidades de vías de comunicación, etc.), así como o respeto ás necesarias distancias de plantación que marque a lexislación en cada momento.
Outro compromiso das asociacións de propietarios da Mariña lucense radica na mellora das operacións de corta e saca da madeira, co obxectivo de deixar o monte e as pistas nas condicións anteriores á corta. Para iso, será precisa tamén a colaboración da Administración para a mellora de infraestruturas (pistas públicas, cargadoiros, instalacións de defensa contraincendios, etc.).






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



