Os nacionalistas cren que problemas como o do mercado terían solución cun Plan de Urbanismo que levan anos propoñendo
Burela, 25 de maio, 2022. Este mércores produciuse unha xunta de portavoces no concello de Burela, a petición do BNG, na que se debateron as demandas que fixo chegar a ACIA ós grupos políticos. Segundo o voceiro nacionalista, Mario Pillado “fixemos a proposta de situar o mercado semanal nas prazas posto que nos parece, de ser factible a nivel técnico, a solución que se pode adaptar mellor a tódalas partes polo menos a nivel provisional ata que se atope unha situación definitiva”.
Pillado seguiu expresando que “neste senso cremos que se o goberno local tivese aprobado un Plan de Urbanismo, Humanización e Mobilidade que desenvolva o PXOM, e se tivese en consideración a localización do mercado no mesmo evitaríamos unha problemática que xa ven de vello. Non se pode deixar a ordenación dunha vila como Burela á improvisación, como se ven facendo neste concello dende fai anos”
Dende o BNG lamentan a oportunidade perdida para dar solucións ós problemas
Por outra banda, o voceiro do bloque sinalou que “é unha mágoa que se celebre unha xuntanza deste tipo entre os representantes públicos e sexa tan compricado chegar a acordos. Se xa é difícil entenderse, comprícase mais se a actitude coa que comparecen as partes é contraria ó diálogo. Mais tendo en conta a situación política que temos en Burela, semella que hai quen, despois de tres anos, aínda non o entende…ou ó mellor é que non hai intención de acordar nada.”
Finalizou Pillado dicindo que “pola nosa banda imos seguir insistindo en que haxa un consenso para solucionar o problema, no pleno ou onde faga falla. Para nos é fundamental, aínda que teñamos que facer concesións, que se poda chegar a solucións comúns para a veciñanza posto que, aínda que ó mellor hai a quen se lle esquece, é a nosa obriga como representantes públicos”



























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

