Isto é un inglés, un alemán e un español que están nun bar.
Vai o inglés e di:
– Mirade, ese de aí non é Xesús, míralle coa súa barba, a súa túnica, todo, que se, que é o mesías .
Vai, achégase e dille
– Verdade que es Xesús?
– Se pero non llo digas a ninguén.
Entón dille o inglés:
– De pequeno rompinme o xeonllo, pódesmo curar.
Vai Xesús ponlle a man e cúrao.
Logo o inglés cóntallo ao alemán e ao español. Vai o alemán e dille:
– Díxome o meu amigo o inglés que eres Xesús. Teño un ollo de cristal pódesmo curar?.
Vai Xesús, ponlle a man e cúrao. Entón Xesús cría que o español non tardaría en ir pero pasaba o tempo e non chegaba. Xesús morto de curiosidade achégase e dille:
– Por que non me pides que che cure algo?
E o español di :
– Ao min nin me toques que estou de baixa.
Segundo unha enquisa europea feita pola Comunidade Europea, os españois son os que máis finxen enfermidades para collerse unha baixa e non ir a traballar. En concreto, o 22% dos entrevistados españois recoñeceu que na última baixa que se colleron finxiron estar enfermos. A porcentaxe é lixeiramente inferior en Irlanda e o Reino Unido (21%) e en Holanda (20%). Os que menos falsifican as súas baixas son os daneses (4%) e os noruegueses (10%). A media a nivel europeo é do 15% de baixas por incapacidade sen existir motivo.
En toda Europa pérdense en falsas enfermidades, máis de 800 millóns de días enfermos cada ano, e se se asume que o día medio do traballo ten 8 horas de longo, a práctica da enfermidade que se finxe para evitar o traballo, está custando a patróns preto de mil millóns de horas de traballo humano perdidas.
Que multiplicadas polo custo de salario medio das baixas por enfermidade para os patróns trae o custo total a un 40 mil millóns.
Isto a o parecer aumentou extraordinariamente con motivo do mundial.Espérase que o número de sickies este ano aumente con moita xente que tarda tempo de traballo para mirar o mundial.
A crise económica que nos abasalla probablemente o número de días de baixas por falsas enfermidades , o medo a perder o “chollo” parece que e a cousa principal .
Pero a todo isto ¿Quen firma tantas baixas ficticias? Os médicos,- non todos -, a o parecer, en isto tamén existen crases, uns son reticentes a fomentar o chanchullo e teñen sona de non dar baixas sen ton nin son, pero outros, por o contrario firman todo o que lles pide o pretendido paciente sen mirar nin rechistar.
¿E quen controla a eses médicos firmóns e pouco éticos? En teoria e a inspección médica que son outros médicos, precisamente o que na practica significa que a cousa estea como está.
Otero Regal

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



