Lugo, 3 de xuño de 2022. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro participou esta tarde na Pontenova na presentación do libro “Fotografía matemática”, que recolle unha escolma de fotografías de alumnado e profesorado do IES Enrique Muruais que representan diferentes conceptos matemáticos.
A publicación, coordinada por Sabela Núñez Singala e Rubén Sanjurjo Muíña e editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúe 69 fotografías elixidas entre máis de medio milleiro que se presentaron ao Concurso de Fotografía Matemática que se celebra no centro desde 2010, dando difusión a un traballo que ata agora só se visibilizara no propio centro e que amosa que “vivimos rodeados de matemáticas”
A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo editou 500 exemplares deste volume, que se repartiron entre alumnado e profesorado do IES Enrique Muruais e se remitirán ao resto de centros de ensino e bibliotecas públicas.
“Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo consideramos unha obriga colaborar coa comunidade educativa da provincia naqueles proxectos que axuden a facer visible o labor que se desenvolve nos centros de ensino públicos”, explicou na presentación a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, que puxo en valor “a publicación de material de disciplinas científicas en galego”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



