Prefiro sempre escrebir dende os dados e as cifras. Xa que logo, tendo refugar ubxectividade do adxectivo e moito más dos xuizos de global desvalorización. Mais hai veces que até lle fan dubidar a un desta escolla.
O Ministerio de Facenda ven de publicar a liquidación do orzamento de 2021. E os dados son arrepiantes, amosando moi nidiamente o proceso de teledirixida recentralización económica a prol de Madrid no que vivimos. Porque nesa rexión investiron 2086 M€ (un 84% máis dos 1.134 M€ orzamentados) mentres que no noso país investíronse só 533, un terzo menos ca os 793 previstos. O de Catalunya aínda foi peor, pois que só executaron un terzo dos recursos consignados. Compre salientar, que esta liña ten sido unha constante de todos os gobernos do Estado, quer do PP, quer do PSOE. Porque entre 2015 e 2020 a Administración estatal investiu na Galicia 1.400 M€ menos do orzamentado, privándonos duns recursos tan esenciais para a nosa economía e benestar.
Ou sexa, que deputados e senadores elixidos polos distintos países e rexións do Estado van a Madrid, discuten obxectivos, aproban orzamentos e despois o Goberno do Estado, estea Rajoy ou Sánchez, incumpre o pactado, desobedece a lei orzamentaria e executa só o que lle vai ben a ese territorio succionador que amorea o 29% dos empregados públicos cun 19% do PIB , que desertizou a Meseta castelá e vai camiño de desertizar a península ibérica toda. Sempre a prol dos intereses das elites madrileñas, dese palco do Bernabeu. Supoño que o farán por España, por esa idea de España tan particular que teñen, onde uns son máis iguais ca outros.
Este proceso onde a rexión madrileña vai dopada con investimentos esenciais dos que se lles priva a Galicia- e a case todos os demáis territorios- xera á súa vez un proceso de asentamento na capital madrileña dos mellores empregos e soldos dos investimentos multinacionais, ben coñecedores de que o español é un Estado absolutamente centrípeto no económico. Das resultas desta dopaxe económica e da súa absoluta falla de interese no benestar das clases populares o Goberno rexional de Madrid practica impunemente o dumping fiscal, atraendo ao seu paraíso fiscal ás persoas con máis renda e patrimonio dos outros países e territorios do Estado.
Decatémonos de que non está a chover, senón que están a mexar por nos. Se nos maltratan que non insulten ao tempo á nosa intelixencia.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



