Ribadeo, 9 de xuño de 2022. A tapa do restaurante Marinero foi a elixida polo público como a mellor do Ribadeo de Tapeo 2022. E a mellor barra foi para a do bar Quemada. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, destaca a acollida do evento no que foron servidas arredor de 30.000 tapas.
O edil ribadense contou que “o público participante nesta edición cos seus votos depositados nas urnas instaladas nos 32 locais participantes decidiu que o premio Tapa do Público sexa para a tapa Témola Negra.do establecemento hostaleiro restaurante Marinero e o premio á Mellor Barra sexa para o bar Queimada. Este último elíxese tendo en conta a ambientación do local, a profesionalidade no servizo, as instalacións e tamén a experiencia e disfrute dos clientes”.
Vizoso Galdo explicou que “a entrega dos premios e dos galardóns terá lugar o vindeiro martes, 14 de xuño, ás 19.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo. Nese mesmo acto tamén se entregarán os premios do xurado profesional, que hai que lembrar que se trata dun grupo formado por cinco espertos cociñeiros, que estiveron degustando e xulgando as tapas durante a celebración do concurso gastronómico. Ese xurado profesional decidiu que o primeiro premio fose para a tapa do bar Chámalle Estopa, o segundo para a tapa do bar Queimada e o terceiro premio para o restaurante El Oviedo. E no Alén recaeu a tapa de Ribadeo, realizada con produtos e ingredientes de proximidade. Nos vindeiros días tamén se establecerá contacto coas persoas que resultaron agraciadas no sorteo de comidas, ceas, menús degustación e estancias aportados por un grupo de establecementos de Ribadeo”.
E engadiu: “desde a Concellaría de Turismo felicitamos aos premiad@s e agradecemos a participación de toda a cidadanía no Ribadeo de Tapeo 2022, pois este ano este concurso gastronómico volveu a superar todas as expectativas enchendo de xente e de animación as rúas de Ribadeo e os nosos establecementos. A proba máis evidente é que as tapas vendidas achéganse ás 30.000 unidades, o que demostra a fabulosa acollida deste evento e anímanos a seguir traballando nesta liña por Ribadeo”.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



