Analizaranse e exporanse resultados de proxectos Galp en distintos territorios, falarase sobre a situación do DLP nas distintas comunidades autónomas e daranse a coñecer as iniciativas apoiadas polo Galp A Mariña-Ortegal en Burela
Burela, 13 de maio de 2022. A Casa da Cultura do Concello de Burela acollerá este martes 14 e mércores 15 de xuño a VII Sesión Plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca co obxectivo de deseñar o futuro do Desenvolvemento Local Participativo (DLP).
Co obxectivo principal de facilitar a cooperación e o traballo en rede para consolidar un presente sostible e un futuro viable para as comunidades pesqueiras como Burela en particular e A Mariña en xeral, a REGP promove a súa sesión plenaria na localidade, un punto estratéxico de desenvolvemento socioeconómico da comarca, para intercambiar experiencias e boas prácticas e dinamizar a interacción entre os grupos.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, manifestou en positivo “a oportunidade de celebrar neste concello un encontro a nivel estatal do que van derivar moitas das conclusións que marcarán a pauta futura no sector pesqueiro”, explicou o rexedor, engadindo que “tamén é un bon escaparate para visibilizar o traballo que se realiza desde a Galp A Mariña-Ortegal, entidade coa que o concello mantén un estreita relación colaborando en todos os proxectos que se impulsan, integrando os valores de pesca sostible e respectuosa coa biosfera mariña e marcando un paradigma de interacción co medio”.
As xornadas comezarán cunha análise por parte do coordinador da REGP, José María Solana, sobre a situación do DLP en cada Comunidade Autónoma do Estado, intervención que precederá á presentación do GALP A Mariña Ortegal, cuxas prioridades sinalan ao mantemento da actividade pesqueira, a promoción do relevo xeracional nesta actividade, a explotación dos recursos pesqueiros desde a sostibilidade, a creación de empregos de calidade que fixen poboación na zona, así como a oferta dun turismo integrado, consensuado e desestacionalizado, dotando de valor os recursos naturais, culturais e patrimoniais.
Tamén se abordarán distintas experiencias e proxectos dos Galp doutros territorios como Almería, Pontevedra, Tenerife ou Costa da Morte, así como a aplicación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e os resultados e impacto do DLP no territorio.
O alcalde de Burela acompañará a expertos e autoridades nunha visita ao entorno portuario, “lugar onde tamén lles poderemos explicar os distintos proxectos apoiados polo Galp A Mariña- Ortegal, como o novo sistema de “puja” para mellorar a competitividade na única lonxa do mundo que combina a tradición da poxa oral coa automatización”.
Burela, un referente tamén no eido deportivo
Falar de Burela no só significa pensar nun punto de referencia incuestionable no sector pesqueiro, que a sitúa no mapa cun dos portos máis importantes a nivel internacional. Burela é tamén deporte, é un referente no mundo do fútbol sala que acaba de acoller esta mesma fin de semana unha competición de primeira orde estatal.
Llano tamén quixo agradecer á Federación Española de Fútbol Sala que “elixira Burela para disputar a Copa de España Xuvenil de futsal, na que os mellores equipos nacionais se deron cita no Vista Alegre, unha honra para todos nós e un espectáculo deportivo moi motivador para todos os veciños e veciñas, especialmente para a xente máis nova”.
En definitiva, o alcalde destacou que “son moitos os ámbitos nos que Burela se promove como localidade onde se concentra un gran dinamismo que contribúe a que se coñeza e recoñeza, como no sector pesqueiro, cultural e, por suposto, o deportivo”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



