Dan continuidade aos traballos rematados o pasado verán en 13,4 quilómetros desta vía, nos que se investiron máis de 1 millón de euros
Xermade, 16 de xuño de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executa esta semana obras de rehabilitación do firme en 3 quilómetros da autovía AG-64, que une Ferrol e Vilalba, ao seu paso polo municipio de Xermade. Os traballos contan cun orzamento de 75.500 euros, con cargo ao contrato de conservación de estradas para a zona Norte de Lugo.
As actuacións previstas consisten en rehabilitacións localizadas do pavimento mediante o fresado das capas do firme deterioradas e a substitución por novas mesturas asfálticas en quente nunha superficie aproximada de 3.600 metros cadrados, entre os puntos quilométricos 39+790 e 42+710, isto é, dende o límite da provincia da Coruña ata o enlace de Cabreiros -conexión coa estrada LU-540-. Posteriormente, procederase á reposición das marcas viarias afectadas.
Está previsto habilitar carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando sexa necesario, ante posibles interrupcións puntuais do tráfico para realizar os traballos.
A actuación dá continuidade ás obras de reforzo do firme rematadas o pasado verán en 13,4 quilómetros desde o enlace de Cabreiros ata a intersección coa autovía do Cantábrico A8, ás que se destinaron máis de 1 millón de euros.


















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



